Avento, Alicia Teatro, Rueiro e Agariño serán os grupos afeccionados que entrarán no Vigo a Escena

.-  O grupo Teatro Avento coa obra “Humano (The game)” foi o gañador da primeira edición da Semana de Teatro Afeccionado, que rematou onte no Auditorio Municipal. O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou a calidade de todas as compañías participantes, un feito que, segundo dixo, pon de manifesto o gran nivel teatral que hai na nosa cidade. Alicia Teatro, con “Ñaque ou de piollos e actores”, Teatro Rueiro de Coia, coa obra “A Lotería”, e a Asociación Amas de Casa “Agariño”, cunha adaptación do “O enfermo imaxinario”, ocuparon o segundo, terceiro e cuarto posto, respectivamente.  As catro formación elixidas formarán parte o ano que vén do circuíto teatral “Vigo a Escena”, que ata agora estaba exclusivamente reservado ás compañías profesionais. A iniciativa de crear a Semana de Teatro Afeccionado xurdiu, segundo explicou Xesus López, para dar resposta ao obxectivo de facer partícipes da vida cultural da cidade tamén a aquelas persoas que desenvolven as súas actividades de xeito non profesional. “Nos barrios e parroquias da cidade hai unha grande actividade cultural e desde a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura quixemos ofrecerlles tamén a posibilidade de que o seu traballo sexa recoñecido”, indicou. Os premios foron entregados polo concelleiro de Cultura, o presidente da Agrupación de Centros Culturais de Vigo, con cuxa colabaración se fixo o certamen, e diferentes membros do xurado. Xesus López puxo tamén de manifesto a boa acollida que tivo entre o público esta primeira Semana de Teatro Afeccionado, que en gran número se achegou todos os días ao Auditorio Municipal para presenciar as representacións. Nesta primeira edición participaron sete compañías. Ademáis dos catro primeiros clasificados, tamén actuaron ao longo da semana Porta Aberta, Lareira Teatro e Teatro Escoitade.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: