O PROGRAMA BOCABERTA ESTREA ESTA SEMANA TRES NOVAS ACTIVIDADES COAS QUE ACHEGARLLES O GALEGO AOS MÁIS NOVOS

  • As iniciativas “Palabras no ar”, “Señor Mundo, dígame?” e “En clave de conto” inician estes días o seu percorrido por concellos das catro provincias
  • Este programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística propón actividades para dinamizar o uso do idioma entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos

 Tres novas actividades comezan esta semana a súa andaina no marco do programa de dinamización lingüística Bocaberta, co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca favorecer o uso do galego na franxa máis nova da poboación. As actividades Palabras no ar, Señor Mundo, dígame? e En clave de conto sumaranse nos próximos días a unha programación que botou a andar a primeiros do pasado mes de outubro. A música é o eixo central de En clave de conto, unha das estreas desta semana. Trátase, por unha banda, de obradoiros para coñecer as distintas linguas nas que se pode cantar unha canción, entre elas o galego; e, por outra, dun concerto espectáculo baseado no disco A nena e o grilo. Esta iniciativa, na que a Secretaría Xeral colabora con OQO editora, estará o sábado 6 e o domingo 7 no Auditorio Municipal de Ourense, ás 18:00 horas ambos os dous días, nos seus formatos de obradoiro e concerto, respectivamente. Tamén comeza esta semana Palabras no ar, un conxunto de obradoiros que van da oralidade á escrita e da gráfica creativa á gravación de programas de radio que posteriormente se emitirán na rede de emisoras municipais de Galicia. Levada a cabo pola editorial Kalandraka, estará desde mañá ata o venres na Biblioteca Pública Municipal das Pontes, con tres sesións matinais cada día.

 Recital de poesía para os máis pequerrechos

A outra estrea do programa de dinamización lingüística Bocaberta é a do tolo recital de poesía infantil Señor Mundo, dígame?, da editorial Tambre, que está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 8 anos. Esta actividade visitará mañá as localidades de Valga (Centro Cívico Cordeiro), de Cuntis (CPI Don Aurelio) e de Moraña (CPI Santa Lucía), ás 9:30 horas, ás 12:15 horas e ás 15:30 horas, respectivamente. Entre as actividades de Bocaberta que xa botaran a andar continúan esta semana Contos de maxia, protagonizada polo Mago Cali e organizada en colaboración con Edicións Xerais, que estará mañá na Casa da Cultura de Becerreá (12:00 horas.), o mércores no Centro Sociocultural da Xuventude de Monterroso (12:00 horas) e o xoves no Centro Cívico de Xove (11:30 horas). Xa na fin de semana volverá ter protagonismo a xincana A guerra das bruxas, actividade na que a secretaría xeral vai da man da editorial Rodeira, que levará as súas probas baseadas no mundo da maxia ao Cantón de Ferrol na tarde do venres con dúas sesións, ás 16:00 e ás 17:30 horas, e ao Parque da Xunqueira de Moaña, na mañá do sábado, con outras dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas. Esta semana, polo tanto, o programa Bocaberta achegaralles a lingua galega aos máis novos a través da maxia, da música e da palabra por un total de dez localidades galegas.

 Toda a información semanal de Bocaberta, no boletín electrónico do programa Os horarios e localizacións de todas estas actividades de Bocaberta tamén poden consultarse a través do boletín electrónico semanal do programa, accesible desde a páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, http://www.xunta.es/linguagalega. Ademais, Bocaberta conta con canles de actualización permanente dos contidos en Facebook, Twitter e Tuenti.

 Fomentar o uso do galego entre os máis novos

Bocaberta é un programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística levará a todos os concellos de Galicia, ata o próximo mes de maio, un total de 747 actividades, destinadas a fomentar o uso do galego entre os mozos e mozas entre 3 e 18 anos. Desde a música pop á maxia, a banda deseñada, a animación á lectura ou as novas tecnoloxías, as actividades de Bocaberta realízanse en colaboración con 14 entidades, entre as que se atopan editoriais, discográficas, empresas de dinamización propiamente dita e artistas.

About Vgomagazine

Revista Online.

0 responses to “O PROGRAMA BOCABERTA ESTREA ESTA SEMANA TRES NOVAS ACTIVIDADES COAS QUE ACHEGARLLES O GALEGO AOS MÁIS NOVOS”

  1. Fred says :

    Thanks for such great information. Mind if I make a post about it on my blog?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: