Archive | noviembre 1, 2010

‘Non te movas’, de Sergio Castellito, no ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia en Vigo

Mañá, martes 2 de novembro, ás 18.00 en versión dobrada ao castelán e ás 20.30 horas en versión orixinal subtitulada, a sede da Fundación Caixa Galicia en Vigo (Policarpo Sanz, 21)  acollerá a proxección dun novo filme do ciclo ‘Novo cine italiano’: ‘Non te movas’, unha iniciativa que renova o esforzo desta institución por achegar e manter esta disciplina na súa rede de espazos culturais.