VIGO E A CORUÑA ACOLLERÁN O 18 E 19 DE NOVEMBRO A REPRESENTACIÓN DA ÓPERA 'O MARISCAL'

  • O ciclo Xacobeo Classics recupera esta partitura lírica, estreada o 31 de maio de 1929, e que está baseada nun dos episodios fundamentais da historia galega que retrata o enfrontamento entre a nobreza galega e o poder central.

O ciclo Xacobeo Classics levará no mes de novembro a representación da ópera O Mariscal, do músico e arquitecto Eduardo Rodríguez-Losada, con libreto de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte, aos escenarios de Vigo e A Coruña. Na cidade olívica, a cita será o próximo 18 de novembro ás 20.30 horas no Centro Cultural Caixanova. Un día despois, o venres 19, o Colón Caixa Galicia de A Coruña acollerá esta representación a partir das 20.30 horas. Estas dúas actuacións están enmarcadas no ciclo Xacobeo Classics, da programación de Xacobeo 2010, que recupera agora esta partitura lírica, estreada o 31 de maio de 1929, e que está baseada nun dos episodios fundamentais da historia galega que retrata o enfrontamento entre a nobreza galega e o poder central. Será unha versión en concerto na que o público asistente poderá gozar coas interpretacións dos artistas líricos galegos máis representativos da actualidade, a soprano Teresa Novoa, Premio Nacional de Música en 2001, e o barítono Javier Franco, que o pasado verán obtivo un grande éxito en Viena con Maria di Rohan de Gaetano Donizetti. Contará, ademais, coa participación da Orquesta Sinfónica de Galicia que nesta ocasión estará baixo a batuta de Joám Trillo, autor da edición moderna da partitura. As entradas para a representación de Vigo pódense adquirir a través da web  http://www.servinova.com e do teléfono 902504500 e os prezos oscilan entre os 13 e os 18 euros, máis gastos de xestión. Por outra banda, as localidades para A Coruña están á venda na páxina de Caixa Galicia, no teléfono 902434443 e na billeteira do teatro Colón.

About Vgomagazine

Revista Online.

0 responses to “VIGO E A CORUÑA ACOLLERÁN O 18 E 19 DE NOVEMBRO A REPRESENTACIÓN DA ÓPERA 'O MARISCAL'”

  1. Steph says :

    Awesome information! Now I dont have to blog about it xD

  2. ecigarette says :

    You need to take part in a contest for the most effective blogs on the web. I will advocate this website!

  3. 888 casino says :

    You should take part in a contest for the most effective blogs on the web. I’ll suggest this website!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: