ECONOMÍA E INDUSTRIA ACORDA CON ASIME ESTUDAR A CREACIÓN DUN FONDO DE GARANTÍA PARA AXUDAR A INDUSTRIA AUXILIAR DO NAVAL

  • Javier Guerra asegurou que a Xunta e Asime traballan nunha mesma dirección para a reactivación do sector
  •  O conselleiro explicou que se perfilará a posibilidade de establecer liñas de financiamento máis específicas para as auxiliares do naval
  • A Xunta trasladou a Asime que xa “liga o financiamento de apoio aos estaleiros ao pagamento aos provedores, tal e como ocorreu no caso de Factoría Naval”

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, acordou hoxe cos representantes da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) estudar e perfilar todas as fórmulas posibles para avanzar na recuperación da importante industria auxiliar, sobre todo a relacionada co sector naval. Javier Guerra avanzou ao remate dun encontro que tivo lugar en Vigo, que o departamento de Economía e Industria estudará a futura creación dun “ambicioso fondo patrimonial específico de garantías entre a Xunta e as auxiliares do sector naval que sería novedoso en España, e que permitiría traballar con maior seguridade a esta industria, ademais de configurar un respaldo as súas estruturas financeiras”. O conselleiro de Economía e Industria, que asegurou que a Xunta e Asime traballan nunha mesma dirección neste eido, explicou tamén que se estudará a posibilidade de establecer liñas de financiamento máis específicas para as auxiliares do naval, e explicou que o seu departamento xa “liga o financiamento de apoio aos estaleiros ao pagamento aos provedores, tal e como ocorreu no caso de Factoría Naval”. Javier Guerra trasladou aos representantes de Asime o apoio do Goberno da Xunta ao sector naval galego, un dos sectores estratéxicos da economía galega, incluídos estaleiros e a industria auxiliar, “que fai un enorme esforzo por reactivar ao sector”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: