O PARTIDO POPULAR DE SALCEDA DE CASELAS APUNTA AO GOBERNO LOCAL COMO O RESPONSABLE DA FALLA DE SUMINISTRO DE AUGA DURANTE TODA A XORNADA DO DOMINGO

  • Por mor da tormenta o depósito quedou sen corrente e deixou sen auga aos miles de veciños do centro da vila. O servizo de mantemento que ata fai uns meses corría a cargo de dous operarios do Concello agora depende dunha empresa externa á cal ninguén informou a tempo da avaría, xa que a coordinación e eficacia por parte dos dirixentes municipais non funciona

O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia a actuación irresponsable do Goberno local, apuntándoo como único responsable da falla de suministro de auga durante a xornada do pasado domingo, 31 de outubro. “Por mor das fortes tormentas acontecidas ao longo da fin de semana produciuse un corte do suministro eléctrico e todo o depósito, localizado en San Xurxo, deixou de funcionar polo que os miles de veciños do  centro de Salceda de Caselas que se abastecen del quedaron sen auga”, explica Santiago Rodríguez Davila, concelleiro e presidente do PP local. Ata o mes de abril existían dous operarios do Concello destinados a cubrir este tipo de avarías, pero dende entón este servizo foi asumido por unha empresa externa. “Ante a falta de coordinación dos dirixentes municipais a empresa non tivo aviso da avaría ata despois de moitas horas, de xeito que todos os habitantes do centro da vila quedamos sen auga dende primeira hora do domingo ata pasadas as dez da noite”, asegura Rodríguez Davila. “Estamos, unha vez máis, ante a falta de incompetencia do Goberno local, máis se cabe do concelleiro responsable de Medio Ambiente, Enrique Cabaleiro, que de seguro non se enterou do problema porque non o sufriu xa que a súa vida faina en Tui, municipio no que realmente xa está a traballar e a poñer as súas expectativas de futuro despois de que anunciase encabezar a lista dos socialistas neste concello”, conclúe o presidente do PP de Salceda de Caselas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: