A xunta vañpra de xeito positivo a paralización temporal da aplicación do decreto do carbón polo tribunal de luxemburgo.

A decisión do tribunal europeo súmase á tomada a semana pasada pola Audiencia Nacional e reforza a posición do Goberno galego contra a regulamentación

  • Os recursos da Xunta de Galicia contra a aplicación deste real decreto seguen o seu curso ante o Tribunal Supremo e o Tribunal de Luxemburgo
  • A Xunta seguirá a manter o liderado na loita legal contra o Real Decreto que paraliza a actividade das centrais térmicas galegas, e seguirá a traballar para frear o que considera un ataque á viabilidade das térmicas galegas

 A paralización cautelar da aplicación do decreto do carbón polo Tribunal de Luxemburgo foi valorada hoxe de xeito positivo por parte da Xunta de Galicia, que agarda que esta decisión sexa confirmada proximamente polo tribunal europeo. A Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra quere manifestar o seu máximo respecto polas decisións xudiciais, e apuntou que esta paralización cautelar da aplicación do decreto, que se suma á da Audiencia Nacional, reforza a posición do Goberno galego fronte a esta regulamentación. A Xunta sempre mantivo dende o primeiro momento que o real decreto era prexudicial para Galicia, para as comarcas de Cerceda e As Pontes e as súas centrais térmicas, para o emprego directo e indirecto asociado ao seu funcionamento e para os ciclos combinados de Sabón e As Pontes. A Consellería de Economía e Industria salienta que os recursos da Xunta de Galicia contra a aplicación deste real decreto seguen o seu curso ante o Tribunal Supremo e o propio Tribunal de Luxemburgo, e lamenta que o Goberno central non recollera e ignorara os negativos efectos da entrada en vigor desta regulamentación na súa proposta ante a Comisión Europea, e que suporá o paro das centrais térmicas de Cerceda e As Pontes, e a redución da actividade dos ciclos combinados de Sabón e As Pontes e dos portos da Coruña e Ferrol, pondo en risco máis de 3.000 empregos e cun impacto económico de 1.200 millóns de euros. A Xunta seguirá a manter o liderado na loita legal contra o Real Decreto que paraliza a actividade das centrais térmicas galegas, e seguirá a traballar para frear o que considera un ataque á viabilidade das térmicas galegas cunhas axudas a todas luces incompatibles co mercado interior, traspasando os problemas sociais e económicos dunhas comunidades a outras, polo que o Goberno galego e a Consellería de Economía e Industria sempre defenderán os intereses de Galicia e dos galegos e, sobre todo, das comarcas mineiras.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: