ESTE VENRES NO FÓRUM Da Coruña

A Coruña acolle unha gala solidaria en apoio ao Festiclown Palestina O Fórum Metropolitano da Coruña acolle este venres unha gala solidaria en apoio ao Festiclown Palestina. Preto de dez propostas artísticas darán forma a este espectáculo solidario co festival que Pallasos en Rebeldía prevé realizar entre este ano e o que vén nos territorios palestinos ocupados. O Mago Teto, Pedro Brandariz, A compañía do ruído, …As 3, Carlos Sante, Sue Moreno, Gustavo Pernas (Áncora Producións) e Ángela Blanco son as e os artistas que van actuar por Palestina no Fórum. Ademais hai que sumar a presentación de Isabel Risco, a intervención de Iván Prado, director do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e a proxección de trailers documentais sobre Palestina. Será ás oito e media do serán cando a maquinaria do humor e a risa solidaria comece a andar no teatro coruñés. Con entradas a cinco euros (tres para desempregados/as, estudantes e xubilados/as) esta gala “é unha oportunidade de colaborar co Festiclown Palestina”, afirma o tamén portavoz de Pallasos en Rebeldía, Iván Prado, xa que a recadación irá destinada ao financiamento deste festival. Para poder asistir á dita gala, as entradas están dispoñibles para a súa venda anticipada en www.servinova.com ou unha hora antes na billeteira do Fórum.. Organizado pola asociación Pallasos en Rebeldía e coa “inestimable colaboración” –apunta Pallasos- da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, do Fórum Metropolitano e da asociación Manicómicos e demais artistas que participan na gala, a cita pretende ser “unha ventá á realidade palestina e ao proxecto que Pallasos en Rebeldía está a desenvolver e pretende ampliar alí”, salienta Prado.

Un exército de narices vermellos Festiclown Palestina nace, como declara o director do proxecto, “da certeza de que a risa é o alimento do corazón, a esperanza do futuro”. Dese xeito, unha caravana solidaria (a primeira do Festiclown Palestina 2010-2011) está a traballar estes días in situ para “paliar sensiblemente as consecuencias psicológicas dunha guerra interminable, fomentar as artes circenses como alternativa psicolóxica e social a unha economía de ocupación e conflito bélico eternizado”, indica tamén Iván Prado. Esta gala e os demais actos que se organizaron e organizan por todo o país en solidariedade co Festiclown Palestina son unha oportunidade para que o “exército dos narices vermellos” medre un pouco máis e sume efectivos que, a través da risa e do clown, poidan loitar contra a “frustración, o odio indiscriminado e a depresión convertida en praga social” que padece o pobo palestino, conclúe o portavoz da asociación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: