Iolanda Veloso anuncia que os actos polo Día internacional contra a violencia de xénero comezan mañá xoves no Calvario

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este mércores o programa de actos que se desenvolverá ao longo do mes de novembro con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, que comeza mañá ás 12 horas no mercado do Calvario. A edil do BNG destacou a ampla variedade de actividades, que inclúen accións escénicas, proxección de microvídeos e exposición de carteis presentados aos concursos organizados pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller, ciclos de cine, a manifestación contra a violencia de xénero o día 25, ás 20 horas dende a Praza de Urzáiz, e a lectura dunha declaración institucional do Concello de Vigo o 29 de novembro.Iolanda Veloso afirmou que precisamente o lema da conmemoración deste ano, “Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas”, afonda nese reto da sensibilización. Sinalou ademais que o programa inclúe novidades como os concursos de microvídeos e o certame de carteis, que serviu para elixir o deseño que se empregará para dar a coñecer os actos organizados polo 25 de novembro, e que se exporán no Auditorio Municipal o 24 de novembro. As accións escénicas desenvolveranse a cargo do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza e comezarán mañá ás 12 horas no mercado do Calvario, o 11 de novembro ás 19 horas no Centro Comercial Travesía; o 18 de novembro ás 19 horas na estación de Renfe e o 25 de novembro ás 11:30 no Marco. A Escola Oficial de Idiomas acollerá do 15 ao 29 de novembro a exposición fotográfica “No só doen os golpes”, de Pamela Palenciano, que impartirá tamén no mesmo espazo un taller de violencia de xénero. Tamén terán lugar diversas proxeccións cinematográficas. Así, os luns do 8 ao 29 de novembro celebrarase o ciclo de cine “Realidades invisibles”, ás 20:30 horas no Centro Cultural Caixanova. O Verbum acollerá o ciclo Cinema infantil, os días 13, 14 e 21 de novembro ás 17:30 horas e o 28 de novembro, tamén ás 17:30 horas, Cinema xuvenil. No Centro de Documentación e Recursos Feministas celebrarase o Vídeo Forum, os días 16, 17 e 23 de novembro. O 24 de novembro terá lugar a proxección dos microvídeos

Mais Noticias:http://xornal.vigo.org/

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: