‘We Live in Public’ no Marco

DATAS: do 4 ao 27 de novembro

LUGAR: salón de actos HORARIOS:

  • xoves e venres, de 19.00 a 21.00
  • sábados, de 17.00 a 21.00

NOTA/AVISO horarios especiais:  O venres 12, sábado 13 e domingo 14 de novembro haberá un Maratón ArtFutura coincidindo coa celebración do 8º aniversario do MARCO.  O sábado 20 de novembro o programa A non incluirá o documental ‘Chico y Rita’, e as proxeccións rematarán ás 20.30, por coincidir cunha performance do Festival ‘Chámalle X’.

 PROMOTOR: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

 PRODUCIÓN: ArtFutura

ENTRADA: 1€/día [entrada gratuíta o xoves 4, venres 12, sábado 13 e domingo 14 de novembro]

 AFORO LIMITADO

Información xeral

ArtFutura, o Festival consolidado como o foro máis importante dedicado ás implicacións sociais, culturais e artísticas da tecnoloxía dixital e os novos medios, chega ao MARCO a partir do 4 de novembro, en exclusiva para Galicia, cun programa audiovisual que se proxectará de forma simultánea nas quince cidades do CircuitoFutura ao longo de todo o mes. A edición deste ano ten como protagonista o documental ‘We Live in Public’, un extraordinario filme sobre as redes sociais e a privacidade en Internet, gañador da pasada edición de Sundance, e que forma parte da colección permanente do MoMA de Nova York. Dirixido por Ondi Timoner, analiza a experiencia de Josh Harris e a súa compañía Pseudo no Nova York das ‘punto-com’. Harris creou a primeira rede de televisión por Internet e intuíu con gran clarividencia as consecuencias da nosa vida futura na redeAdemais de ‘We Live in Public’, o programa inclúe seleccións de animación 3D, un especial dedicado a Passion Pictures, a selección Futura Graphics (motiongraphics, virais e videoclips) e a nova sección World Wide Work, dedicada á creatividade en Internet. 2010

Calendario e programas no MARCO

CALENDARIO PROXECCIÓNS 

 

 

Xoves 4 nov 

19.00 Programa A 

 

Venres 5 nov

19.00 Programa B

 

Sábado 6 nov

17.00 Programa C

19.00 Programa D

 

 

Xoves 11 nov

19.00 Programa D

 

 

Venres 12, sábado 13 e domingo 14 nov

Maratón ArtFutura

Especial Aniversario MARCO

Programas A-B-C-D

 

 

Xoves 18 nov

19.00 Programa C

 

Venres 19 nov

19.00 Programa D

 

Sábado 20 nov

17.00 Programa A(*)

19.00 Programa B

 

 

Xoves 25 nov

19.00 Programa A

 

Venres 26 nov

19.00 Programa B

 

Sábado 27 nov

17.00 Programa C

19.00 Programa D

 

NOTA: O sábado 20 de novembro o programa A non incluirá o documental ‘Chico y Rita’, e as proxeccións rematarán ás 20.30, por coincidir cunha performance do Festival ‘Chámalle X’.

2010

Información PROGRAMAS

PROGRAMA A

Duración total: 2 horas

Chico y Rita – Making Off (30 minutos) Documental sobre a realización da película ‘Chico y Rita’; un proxecto conxunto de tres grandes artistas namorados de Cuba. Javier Mariscal e Fernando Trueba, coa axuda de Tono Errando crean esta pequena obra de arte, plena de vivas cores, que reflicte fielmente a Habana de finais dos anos corenta. Para levar a cabo esta película de animación, Mariscal inspirouse en fotografías da Cuba de 1949, recreando todos os escenarios coa precisión dun artesán. Para dar máis realismo aos movementos das ilustracións, a película rodouse con actores de verdade en La Habana, co fin de obter a información óptica necesaria sobre os seus xestos e poder recrear os movementos de cámara. Como música de fondo, soan cancións de Charlie Parker, Dizzy Gillespie, ou o cubano Chano Pozo, fusionando talentos americanos e cubanos. Pero a verdadeira banda sonora pona Bebo Valdés.

 We Live in Public (90 minutos) – Versión Orixinal Subtitulada

Resultado de dez anos de traballo e máis de 5.000 horas de metraxe, o filme ‘We Live in Public’ revélanos o efecto da tecnoloxía dixital na nosa sociedade, a través dos ollos do ‘pioneiro máis importante de Internet do que nunca oíras falar’: o artista e visionario Josh Harris. Ondi Timoner (gañadora do Grande Premio do Xurado de Sundance por este filme) documentou a tumultuosa vida de Harris durante máis dunha década, recreando unha historia fascinante e que nos adianta a visión dun mundo virtual que, inevitablemente, toma o control das nosas vidas. Harris, chamado tamén o ‘Warhol da Web’, fundou Pseudo —a primeira rede de televisión por Internet que xurdiu durante o apoxeo das punto-com— nos anos noventa, e encargouse de comisariar e financiar proxectos como ‘Quiet’, con máis de 100 persoas vivindo xuntas nun búnker subterráneo de Nova York mentres se producía o cambio de milenio. Con ‘Quiet’, Harris demostrou a renuncia consciente á nosa privacidade, a cambio do recoñecemento social que todos desexamos. E como avances tecnolóxicos como MySpace, Facebook ou Twitter fan que esta renuncia consciente da privacidade sexa cada vez máis patente.


 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: