A DEPUTACIÓN E UNIMIÑO ACORDAN APOIAR O ESTABLECEMENTO DUN PERÍODO DE ADAPTACIÓN NAS PEAXES DAS AUTOVÍAS PORTUGUESAS

A iniciativa desenvólvese dentro do marco de cooperación institucionalizado pola entidade transfronteriza Unimiño A Deputación de Pontevedra  e a entidade Unimiño (Asociación de Municipios vale do Miño ) acordaron esta mañá, na celebración do seu consello directivo no Pazo provincial, apoiar o establecemento dun período de adaptación nas peaxes das autovías portuguesas.  O obxectivo desta reunión do Consello Directivo desta entidade, da que actualmente ostenta a vicepresidencia o titular da Deputación, Rafael Louzán, foi deliberar, entre outros asuntos, sobre un acordo que apoie o establecemento dun período de adaptación nas peaxes das autovías portuguesas xa que, en verbas do presidente provincial,«o sistema vixente está a crear unha gran confusión ás persoas que queren achegarse por intereses comerciais, turísticos culturais e de todo tipo ó país veciño».Louzán afirmou que «o acordo adoptado incluirá a petición dun período de adaptación que permita a empresas e persoas en xeral que as relacións coa zona transfronteiriza poidan seguir sendo como ata o de agora». Ademais, o presidente provincial quixo facer fincapé «na solidariedade e cooperación que debe haber entre os territorios para que non se deriven sancións ou multas por non dispoñer dos dispositivos adecuados». O acordo adoptouse no marco dunha reunión do Consello Directivo da entidade Unimiño que xestiona proxectos comúns co obxectivo de promover a mellora substancial da calidade dos servizos públicos, o transporte e a mobilidade actual dos habitantes dos municipios comprendidos dentro da área de influencia da entidade transfronteiriza Unimiño, concretamente os 5 municipios do territorio do Val do Miño: Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença, Vila Nova de Cerveira. Incluise tamén o concello de Caminha pola súa importante vinculación e integración na área, non só debido á súa localización e poboación, senón tamén por estar ligado ao sur da provincia. Do lado español, abarca aos 16 concellos da provincia de Pontevedra englobados nas áreas fronteirizas do Baixo Miño, Condado-Paradanta e os concellos de Salceda e Porriño Outros asuntos tratados na reunión foron a transformación desta entidade nunha nova figura (AECT – Agrupación Europea de Cooperación Territorial), a aprobación do orzamento (291.606,00 €) e das actividades para 2011.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: