Caballero presenta un proxecto de lei de área metropolitana "viable", "financiable" e "adaptado á realidade"

Enviarase á Xunta de Galicia e aos grupos políticos para o seu debate e solicitaráse a súa tramitación no Parlamento coma proxecto de lei
A proposta abrangue un area de 14 municipios integrada por Baiona, Nigrán, Gondomar, Fornelos de Montes, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Cangas, Moaña, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Vigo.Prevé o máximo teito competencial superando “folgadamente” as competencias propostas polo proxecto do ano 2005 ou as xa existentes na Área Metropolitana de Barcelona. O seu financiamento parte do principio “irrenunciable” de non ter ningún custo adicional para os cidadáns da área metropolitana.Na presentación, na que o alcalde vigués estivo apoiado polos alcaldes de Nigrán, Fornelos, Redondela, concelleiros de concellos coma Mos, entre outros, Caballero defendeu o texto coma un proxecto “viable, financiable e adaptado á realidade”.
Deste xeito o rexedor avanzou que cumpriuse o compromiso realizado hai 20 días no que asegurou que presentaría o texto. Caballero sintetizou a esencia do proxecto na “eficacia e a eficiencia”, tanto na prestación de servizos aos cidadáns da area -preto de 500.000 habitantes- coma no goberno colectivo. Tal e como sinalou Caballero a través da Área Metropolitana os cidadáns verán mellorada a calidade de vida, acadarán un mellor goberno colectivo e dará resposta a problemas coma os “coordinación de ordenación de territorio, de transporte ou de planificación de infraestruturas”, entre outros.

Mais Noticias http://xornal.vigo.org/

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: