Comunicado Concelleria de Medioambiente

A Concellería de Medioambiente, Sanidade e Consumo do Concello de Vigo convoca a visita ás Illas Cíes prevista dentro do programa municipal “Vigo Camiño a Camiño” para este sábado 6 de novembro, suspendida a pasada fin de semana por mor do mal tempo. As Illas Cíes volven ser un dos puntos máis atractivos do programa, dado o seu patrimonio medio ambiental e a valoración rexistrada nas enquisas aos participantes, que resaltan as súas riquezas paisaxísticas e o seu gran valor. Os visitantes deberán estar no peirao da Navieira Mar de Ons (Dársena da Laxe) ás 09:30 horas para embarcar e partir ás 10:00. Tras facer varios talleres ambientais, rutas polas illas e xantar na illa, partirán de volta dende o peirao de Rodas en Cíes ás 18:30 horas, chegando a Vigo ás 19:15 aproximadamente.

 SENDA PANORÁMICA DE VIGO GR53

Tras numerosas peticións dos participantes do Camiño a Camiño, nesta edición realizarase o trazado completo da Senda Panorámica de Vigo (GR 53) en catro etapas, comezando en Saiáns e rematando na Madroa. A primeira destas citas será o domingo 7 de novembro para a que os visitantes deberán estar na Praza do Rei ás 9:45 horas para saír nos autocares ás 10:00 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 14:30 a as 15:00 horas aproximadamente, dependendo da climatoloxía e o ritmo do grupo. A concellería de Medioambiente está a recuperar este sendeiro, co repintado e remarcado do mesmo. Como novidade todas aquelas persoas que o desexen poderán levar os cans a ruta, quedando prohibidas as razas consideradas perigosas.  Os cidadáns que desexen levar o seu can á ruta deben cumprir obrigatoriamente cos seguintes requisitos:

  • Estar ao corrente co calendario de vacinacións do can.
  • Antes de iniciar a ruta deben cumprimentar e asinar un modelo de declaración xurada que poden descargar na web municipal ou pedir aos monitores do programa.
  • Durante o transporte en autobús e o percorrido na ruta o can irá controlado e acompañado en todo momento polo seu/súa dono/a, ademais de suxeito pola correa.
  • Os donos dos cans deberán recoller as deposicións ou defecacións que xeren os seus cans.

Listado de razas consideradas perigosas:

American stadfforshire terrier, Pitbull terrier, bullmastif, doberman, dogo arxentino, dogo de Burdeos, dogo do Tibet, fila brasileiro, mastín napolitano, presa canario, presa mallorquín (ca de bou), rottweiller, stadfforshire bull terrier, tosa inu, akita inu. O primeiro tramo da ruta GR53 ten un percorrido de 9,5 km e unha duración aproximada de 3,5 horas, cunha intensidade media/alta. Conta con tramos con bastante pendente, terreo irregular e húmido. Para a ruta é imprescindible levar botas de camiñar e son moi recomendables os bastóns de camiñar. Trátase dunha ruta desaconsellada para ir con nenos/as pequenos/as. A información sobre as rutas pode ser consultada integramente no apartado de Medioambiente da páxina web municipal (www.vigo.org)

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: