ECONOMÍA E INDUSTRIA REMITE A PYMAR O CONVENIO QUE PERMITIRÍA DESBLOQUEAR A REACTIVACIÓN DE FACTORÍAS VULCANO
Javier Guerra reiterou, ao remate dun novo encontro co comité de empresa e a dirección do estaleiro vigués, a súa esixencia a Pymar e ao Goberno central para que den “unha resposta inmediata para actuar con urxencia en defensa da firma”
- O convenio, que foi entregado tanto á dirección como ao comité de empresa, “recolle nos mesmo termos e sen cambiar nada o compromiso xa coñecido, firme e irrevocable da Xunta de Galicia de facilitar un apoio financeiro de 16,7 millóns de euros para o remate do buque sísmico”
- Javier Guerra cualificou de “sorprendente” a reclamación de Pymar de implementar un convenio para apoiar ao estaleiro vigués, e sinalou que o seu departamento adiantouse á proposta da sociedade “enviando un convenio que estivemos agardando e non chegou, porque non podemos permitirnos perder máis tempo”
- O responsable autonómico denunciou que xa se “leva perdido máis dun mes, tempo no que a Xunta sempre mantivo a mesma postura de apoio irrevocable co futuro do estaleiro, do sector naval e do mantemento dos postos de traballo directos e indirectos”