Feifóo subliña que as medidas cuatelares contra o decreto do carbón demostran que "A Xunta defende os intereses das familias galegas"

 O presidente da Xunta pide que Vulcano teña as mesmas posibilidades que os estaleiros “de fóra de Galicia”

 Valora a decisión do Tribunal de Luxemburgo sobre o decreto do carbón e asegura que “espera e desexa” que o Goberno de España “acepte que hai que cumprir as leis e reflexione sobre o trato inxusto que está a dar ás 3.500 familias que viven do carbón en Galicia”

  • Destaca que Vulcano é viable e lamenta o pouco respecto do Goberno central aos intereses xerais, “con independencia de que o estaleiro estea en Galicia, ou en Andalucía”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que as medidas cautelares contra o decreto do carbón demostran que “a Xunta defende os intereses das familias galegas”, e lamentou que teña que ser a xustiza “a que free as inxustizas do Goberno”. O presidente galego valorou as medidas cautelares ditadas polo Tribunal de Luxemburgo e amosou a súa satisfacción porque, segundo afirmou, se inicia a posible paralización “dun decreto inxusto”. Feijóo destacou que a decisión do tribunal demostra que cando a Xunta interpón un recurso o basea en principios xurídicos, e non en intereses políticos. “Polo tanto, o que se ven acreditar aquí é que a Xunta non actúa contra ninguén, senón defendendo o estado de dereito e os intereses lexítimos das empresas e as familias galegas”, afirmou. “Eu espero e desexo que tras esta decisión o Goberno de España acepte que hai que cumprir as leis e reflexione sobre o trato inxusto que está a dar ás 3.500 familias que viven do carbón en Galicia”, manifestou o presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello. “O Goberno de España debe de falar máis e non impoñer e decidir unilateralmente, porque senón a Galicia o único que lle queda é exercer os seus dereitos a través dos órganos xurisdicionais”, engadiu.

 1.000 familias en risco de perder o seu emprego

O titular da Xunta pediu que Vulcano tiña as mesmas posibilidades que os estaleiros “de fóra da Comunidade Autónoma”, e pediu respecto por un estaleiro que dá traballo a 1.000 familias e é tecnicamente viable. “Lamento profundamente que non haxa un pouco máis de respecto polos intereses xerais, con independencia de que este estaleiro estea en Galicia, ou en Andalucía”, asegurou Núñez Feijóo. Neste sentido, o presidente galego diferenciou o comportamento da Xunta de Galicia e do Goberno de España. “A Xunta, desde un primeiro momento, apostou pola viabilidade da entrega do buque de Vulcano, e o Goberno de España e Pymar, desde o primeiro momento, están cicateando algo que é evidente: que temos un buque, sabemos facelo, podemos entregalo en prazo e necesitamos de forma inmediata un aval”. O presidente galego destacou que o buque sísmico que se atopa nas gradas de Vulcano está valorado en 300 millóns de euros e lamentou as “semanas perdidas” na súa execución. “Cada día que pasa supón un maior risco para Vulcano, e cada día que pasa  supón un maior risco para as 1.000 familias que traballan na construción do buque sísmico”, advertiu.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: