O Clúster da Automoción comprométese diante da CIG a repartir a carga de traballo entre todas as empresas que fiquen sen produción

A Coordenadora da Automoción da CIG mantivo unha xuntanza cos representantes da patronal para abordar a situación no sector galego

A Coodenadora da Automoción da CIG mantivo na mañá do mércores 3 de novembro, unha reunión cos representantes do Clúster de Empresas de Automoción de Galiza (CEAG) para abordar a situación das empresas do sector que neste momento non contan con carga de traballo para os novos modelos de Citroen e tratar de buscar solucións a falta de actividade. Dende o Clúster comprometéronse a repartir a carga de traballo entre todas aquelas factorías que queden sen produción, así como aceptaron crear unha Mesa Social para seguir a evolución da situación nas empresas de automoción. Na reunión, solicitada pola Coordenadora de Automoción da CIG e na que participaron representantes da Federación de Químicas e do Metal (Henríquez Pérez, Francisco Miranda Vigo, Manolo Simón e Sixto Rodríguez), abordouse a situación na que se atopan as distintas empresas auxiliares que na actualidade non teñen carga de traballo para os novos vehículos que Citroen ten previsto desenvolver nos próximos anos: os chamados M3 e M4 e o B78, que substituirá ao actual C4 Picasso. Segundo informou Francisco Miranda Vigo, un dos participantes no encontro, a reunión resultou bastante produtiva, xa que se lograron avances positivos de cara a acadar compromisos sobre a produción que permitan a continuidade de cada unha das factorías. A CIG solicitou de parte de Citroen un compromiso para repartir a carga de traballo entre as empresas que poidan quedar sen produción, así como que os chamados TIER 1 (as multinacionais que negocian directamente con PSA) tomen as decisións de produción pensando no tecido produtivo do Clúster Galego. Compromisos aos que se conseguiu que accedera o CEAG. Dende a Coordenadora do Automóbil da CIG tamén se solicitou aos membros do Clúster a realización dunha declaración pública, manifestando unha aposta firme polo conxunto do sector galego e a elaboración dun calendario para anunciar este novos proxectos. Finalmente, abordouse a necesidade de constituír unha Mesa Social a través da que intercambiar información e realizar un seguimento  da evolución da carga de traballo nas auxiliares da automoción.

Un sector competitivo a todos os niveis

Dende a Coordenadora da Automoción expúxose aos representantes do CEAG, entre os que se atopaban o director de PSA Peugeot Citroen, Pierre Ianni, e o presidente do Clúster, Francisco Anguera, a evolución do sector nos últimos anos e como foron pechando as distintas empresas e mesmo sectores enteiros: así o caso de Prevent, Unitexga ou Treves no téxtil, ou Draka e Valeo en cableado. Dende o clúster escudáronse nas “leis do mercado” e na falta de competitividade das empresas, que as leva a súa desaparición ou, máis concretamente, á súa deslocalización cara a terceiros países con menores custos laborais. Sobre este punto, explica Miranda Vigo, a CIG subliñou que o sector de fabricantes de compoñente do automóbil na Galiza “é máis que competitivo, tanto a nivel salarial e industrial, como na flexibilidade horaria e laboral, como para estar entre os mellores clúster de Europa”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: