O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA DENUNCIA A MALA EXECUCIÓN DAS OBRAS DE SANEAMENTO E A FALTA DE CONTROL DAS MESMAS POR PARTE DO BIGOBERNO LOCAL

  • Os populares esixen o correcto desenvolvemento das obras sen que estas supoñan novos atrancos e problemas como o están a ser para centos de veciños das diferentes parroquias, onde o firme queda totalmente deteriorado e as tapas de rexistro mal colocadas

O Partido Popular de Redondela denuncia, unha vez máis, “a total e absoluta indiferencia e descoido doloso do Goberno local respecto da atención ás diferentes demandas e necesidades dos veciños”, explica Javier Bas, presidente da Xestora local e candidato á Alcaldía. Do mesmo xeito, “tamén teñen desatendidos e sen control algún os diferentes servizos que se prestan dende o Concello”. Desta maneira, dende o PP denuncian as consecuencias desastrosas que provocaron as obras de saneamento levadas a cabo nas diferentes parroquias, exemplificadas no deterioro do firme ou na mala colocación das tapas de rexistro. “O que era unha promesa electoral máis que incumprida durante décadas coas parroquias, agora xera novos problemas engadidos de circulación e tráfico para viandantes e vehículos”, apunta Bas. “Ninguén dubida da importancia e a necesidade de dotar ás parroquias do servizo de saneamento sen tardanza, pero cando se executen as obras é preciso facer un control exhaustivo das mesmas, asegurándose de que o diñeiro procedente dos petos de todos nós se está a empregar ben e con cabeza”. Son múltiples os exemplos desta mala actuación e xestión por parte do Goberno local esparcidos por todas as parroquias. Na parte alta do Camiño do Piñeiro e no de Magariños, en San Esteban de Negros, “o estado do firme tras das obras supón un auténtico obstáculo para os centos de veciños que por el transitan a diario; as fochancas, os afundimentos e as tapas do rexistro mal colocadas convértense en trampas para viandantes e vehículos”. Os veciños de Casal do Monte, “por desgracia tamén coñecen esta experiencia”, pois o acondicionamento do firme non foi o axeitado, existen afundimentos e as tapas do rexistro fan un forte estrondo cada vez que pasa un vehículo. Casos similares atópanse tamén nas parroquias de Quintela, onde hai que engadir o agravante das obras do AVE; en Trasmañó, onde os propios veciños vense na obriga de encher e aterrar co que poden as gabias mal tapadas e repisadas polo paso dos coches e tamén na parroquia de Vilar, onde incluso “incomprensiblemente” unha tapa de rexistro foi cuberta cunha capa de asfalto. “É convinte recordar que algunhas destas obras de saneamento foron executadas durante 2010 o que amosa claramente a desastrosa xestión municipal respecto do seu  control, se é que tal control existíu nalgún momento”, puntualiza Javier Bas. Ante todas estas situacións, o Partido Popular de Redondela esíxelle ao Goberno local que repoña os firmes deteriorados por estas obras de saneamento e que instalen as tapas de rexistro en condicións. Do mesmo xeito, “esiximos tamén que se controlen ás empresas encargadas da execución da obra”, vixiando o desenvolvemento da mesma e actuando en consecuencia para evitar os problemas aquí descritos, “de sobra coñecidos pola multitude de veciños que sofren con paciencia, acostumados xa a que o Goberno municipal faga oídos xordos ante as súas demandas e reivindicacións”, conclúe Bas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: