A DEPUTACIÓN CONCEDE OS PREMIOS Á CULTURA Á FUNDACIÓN IGUAL ARTE, FUNDACIÓN CAMINO DE SANTIAGO, CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO E SATURNO LUIS VALDÉS

Cada entidade premiada recibirá 6.000 euros do organismo provincial O xurado cualificador da Deputación de Pontevedra fallou esta mañá os Premios Provinciais á Cultura, convocados, un ano máis, para recoñecer a labor de asociacións, fundacións, solistas, agrupacións, concellos ou mancomunidades comprometidas co seu patrimonio cultural. Os catro premios, dotados con cadanseus 6.000 euros, foron: a Fundación Igual Arte (Vigo), Fundación Camino de Santiago (Pontevedra), Saturno Luis Valdés González (Lalín) e o Concello de Mondariz-Balneario. Na categoría “Proxecto cultural máis innovador ou vangardista” correspondeulle á Fundación Igual Arte, de Vigo, pola súa labor levada a cabo no ámbito artístico e cultural con persoas con necesidades educativas especiais. Esta entidade traballa a formación integral, a través da música e a expresión plástica e corporal, cun programa pioneiro en Galicia que atende a  máis de 100 familias da provincia de Pontevedra. No ámbito de “Traxectoria Cultural” o premio recaeu na Fundación Camino de Santiago e, en especial, no seu presidente, Celestino Lores. Este galardón ven sendo un recoñecemento á colaboración desta institución na difusión revitalización, recuperación, sostemento e promoción do Camiño Portugués a Santiago, acometendo tarefas como a limpeza de camiños, sinalizacións dos mesmos, ou a construción dun albergue de Peregrinos na cidade de Pontevedra.  Este establecemento, que está  atendido por voluntarios e voluntarias, conta con máis de  1.000  socios, que percorren cada ano o  Camiño Portugués. O Premio César Dios “Diosiño”, neste caso a título póstumo, foi para a persoa de Saturno Luis Valdés González, de Lalín, por ter sido un gran valedor da cultura, sobre todo no eido musical. Este persoeiro creou o Círculo Musical de Lalín no ano 1985, e dirixiu o Conservatorio de Música. A súa prioridade na vida foi difundir e dignificar a música das bandas polo que traballou sen descanso na creación e mantemento da Escola de Música, na que hoxe e grazas ós seus desvelos musicais, participan centos de nenos de toda a comarca. Para rematar, o galardón da categoría “Protección ou recuperación do Patrimonio Público” recaeu no Concello de Mondariz-Balneario, polo seu incesante traballo en pro do mantemento e revitalización do seu patrimonio histórico. En concreto, por ser un dos concellos que máis apostaron polo termalismo, recuperando todo o esplendor da vila de Mondariz.

 Premiados na edición 2009 dos Premios Provinciais á Cultura

Na edición do ano pasado, na categoría de “Proxecto Cultural máis innovador ou vangardista” recibiu o premio a Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño; o recoñecemento á “Traxectoria Cultural” foi para a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; o Premio César Dios “Diosiño”recaeu na Escola de Danza Perla de Arousa; e, por último, no ámbito da “Protección ou recuperación do Patrimonio Público” o Concello de Campo Lameiro foi o elixido.

 

.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: