A XUNTA CONFIRMA AO COMITÉ DE RUTAS QUE ESTÁ EN CONDICIÓNS DE GARANTIR EN 2011 UNHA OFERTA QUE MANTEÑA O MESMO NÚMERO DE VOOS INTERNACIONAIS NOS TRES AEROPORTOS GALEGOS

Air Nostrum ven de informar ao Goberno galego da intención de dar continuidade en inverno ás rutas A Coruña-Valencia e Vigo-Sevilla

O Comité de Rutas solicitou por unanimidade que se repita o mesmo mapa de destinos que se tivo no verán de 2010

  • A Xunta comprometeuse a traballar coordinadamente co comité para buscar  unha compañía que manteña o voo a Bruxelas dende Peinador, e so no caso de que non se atope buscarase outra alternativa de destino internacional
  • Esta proposta elevarase ao Consello Xeral do Comité de Rutas, que será o que teña que aprobala. O comité, presidido polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, será convocado no prazo mais breve posible
  • Tamén hai que elevar ao consello xeral a toma de decisión respecto de quen será o interlocutor do Comité de Rutas nas negociacións coas compañías aéreas

Os membros do Comité Técnico de Rutas aéreas acordaron por unanimidade o obxectivo de manter en 2011 polo menos o mesmo mapa de destinos internacionais nos aeroportos galegos que se tiveron no verán de 2010, o que foi interpretado pola secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, como o recoñecemento do éxito da xestión e da negociación dos voos que no seu momento fixo a Xunta de Galicia coas compañías aéreas. Por outra banda, e a excepción da propia Xunta e do Concello da Coruña, o resto dos membros do Comité de Rutas comunicaron que non destinarán ningún diñeiro ás rutas aéreas no 2011. O Goberno galego confirmou que aportará 3 millóns de euros xa consignados nos orzamentos do vindeiro ano. Carmen Pardo, ao remate da reunión, garantiu que poderase lograr o mesmo mapa de rutas que en 2010, para o que se deberán optimizar os recursos nas negociacións coas compañías. Afirmou ademais que a Xunta non ten preferencias ou posturas apriorísticas respecto das compañías que deben operar en Galicia. Só se garantirán os mesmos destinos, elixindo a mellor oferta entre as propostas que fagan as liñas aéreas. Na reunión, a Xunta comprometeuse a traballar coordinadamente co comité para buscar  unha compañía que manteña o voo a Bruxelas dende Peinador, e so no caso de que non se atope buscarase outra alternativa de destino internacional para o aeroporto vigués. Esta proposta elevarase ao Consello Xeral do Comité de Rutas, que será o que teña que aprobala. O comité, presidido polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, será convocado no prazo mais breve posible. Tamén hai que elevar ao consello xeral a toma de decisión respecto de quen será o interlocutor do Comité de Rutas nas negociacións coas compañías aéreas. Na reunión do Comité Técnico de Rutas Aéreas celebrada hoxe en Santiago, o Goberno galego, representado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e polo director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, trasladou  aos membros de dito Comité  que a compañía Air Nostrum ven de informar á Xunta de Galicia da intención de dar continuidade en inverno ás rutas que ven  prestando en Galicia, é dicir, A Coruña-Valencia e Vigo-Sevilla.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: