O DOG PUBLICA HOXE A LICITACIÓN DAS OBRAS DE SANEAMENTO DE SETE PARROQUIAS DO CONCELLO DE MOS, POR UN VALOR DE 1,8 MILLÓNS DE EUROS

  • O obxectivo será completar a rede de saneamento das parroquias de Louredo, Petelos, Torroso, Tameiga, Pereiras, Sanguiñeda e na propia parroquia de Mos
  • O prazo de execución do proxecto será de 8 meses, e permitirá beneficiar os preto de 15.000 veciños do Concello de Mos

  O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación das obras de saneamento en sete parroquias do municipio pontevedrés de Mos, por un valor de 1,8 millóns de euros. Con esta actuación a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pretende acadar o obxectivo de completar a rede de saneamento das parroquias de Louredo, Petelos, Torroso, Tameiga, Pereiras, Sanguiñeda e na propia parroquia de Mos. As obras permitirán a conexión dos novos colectores secundarios co colector xeral do río Louro; que pola súa vez enlazará coa estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei, no concello pontevedrés de Tui. Ademais das carencias de saneamento nestes lugares, cómpre recordar que a antedita EDAR de Guillarei depuraba por debaixo da súa capacidade debido á inexistente conexión cos colectores da rede existente; polo que este proxecto tamén solucionará esta problemática. As obras, promovidas polo departamento que dirixe Agustín Hernández, permitirán instalar preto de 6 quilómetros de colector por gravidade de 315 mm de diámetro, 3 novas estacións de bombeo de augas residuais e preto de 600 metros de impulsións cun diámetro de 63 mm. Para a instalación dos novos colectores, serán instaladas 22 conexións nas sete parroquias; 4 en Louredo, 5 en Petelos, 1 en Torroso, 2 en Tameiga, 1 en Pereiras, 2 en Sanguiñeda e 7 en Mos. As estacións de bombeo terán unha capacidade de entre 1,5 e 2,5 litros/segundo e terán unha potencia de entre 1,7 e 2,5 kw.

 Obrigas das administracións

Por unha banda, as obrigas da Consellería de Medio Ambiente financiará a totalidade do proxecto, con preto de 1,8 millóns de euros, e tamén se encargará da súa redacción. O Concello de Mos comprométese a proporcionar os terreos necesarios para a súa execución libres de cargas e gravames, así como asumir o mantemento e conservación das obras unha vez rematadas. O prazo de execución desta actuación é de 8 meses, e permitirá beneficiar os preto de 15.000 veciños do concello do Mos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: