A DEPUTACIÓN ANALIZA O VINDEIRO XOVES DÍA 11 A DIMENSIÓN SOCIAL DA NÁUTICA NO SEMINARIO INTERNACIONAL “NAÚTICA Y COHESIÓN SOCIAL”

O acto terá lugar na Estación Marítima de Vigo A Deputación de Pontevedra, dentro do programa europeo NEA 2, organiza o Seminario Internacional “Náutica y Cohesión Social”. O obxectivo deste evento, que terá lugar o vindeiro xoves día 11 na Estación Marítima de Vigo, é analizar a relación existente entre a náutica e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Para abordar este tema, se darán cita ponentes que traballan tanto no eido da náutica como en programas específicos para persoas afectadas por algunha das problemáticas citadas, que relatarán cómo están a traballar e formularán problemas e solucións para lograr unha maior cohesión social. O punto de vista do deporte náutico, a adecuación das instalacións, o punto de vista dos usuarios, a náutica como alternativa laboral, ou o enfoque da administración que presentará o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, serán algúns dos temas que se debaterán nunha apertada sesión de alto contido social á que se invita a participar a todos os interesados na materia.

 O proxecto NEA 2

NEA2 é un proxecto subvencionado polo F.E.D.E.R. e aprobado polo Programa de Cooperación Transnacional Espacio Atlántico. O seu obxectivo é lograr o desenvolvemento sostible e coordinado do sector náutico nas rexións da costa atlántica (actividades, portos deportivos, industrias, comercios e servizos). Este programa ten adscritos 23 socios europeos que, dende xaneiro de 2009 (e ata decembro de 2011, cubrindo un período de 3 anos) veñen reforzando a cooperación en tres eidos:  desenvolvemento económico, protección do medio ambiente e a cohesión social. Para cada un destes temas, o proxecto prevé a realización de accións comúns transnacionais, e de accións locais levadas por cada socio no seu territorio.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: