O CAMPO DE FÚTBOL DE PENEDO REDONDO CONTARÁ CON MÁIS BANCADA, ASFALTO NO EXTERIOR E REDE AOS FONDOS DO CÉSPEDE GRAZAS ÁS XESTIÓNS REALIZADAS DENDE O PP DE SALCEDA

 A obra, financiada en gran parte pola Deputación de Pontevedra, será inaugurada mañá domingo despois da espera de varios anos por mor da mala xestión do Goberno local

  Despois de esperar varios anos, o novo campo de fútbol de Penedo Redondo, na parroquia de Parderrubias, será por fin unha realidade rematada, feito do que se alegra e sinte satisfeito o Partido Popular de Salceda de Caselas, contribuíndo tamén na súa posta en marcha. Mañá domingo, 7 de novembro, terá lugar a inauguración oficial destas instalacións deportivas, nas que o PP local puxo sempre todos os seus esforzos. Desta maneira, “todos poderán observar os resultados das xestións realizadas polos populares salcedenses a prol da boa adecuación deste campo”, explica Santiago Rodríguez Davila, concelleiro e presidente do PP local. “Grazas ás nosas xestións conseguimos que se colocaran preto duns 100 asentos a maiores dos 200 xa contemplados; rede nos fondos do campo, detrás das porterías para evitar a saída do balón, e o asfaltado da zona exterior das instalacións onde se ubican os aparcadoiros”, sinala Rodríguez Davila. “Actuacións todas elas que non estaban contempladas inicialmente no proxecto e que a través das nosas propostas conseguimos que se executasen”. Pola súa parte e cumprindo sempre coa súa palabra, a Deputación de Pontevedra acometeu as obras que lle competían, centradas na dotación de céspede artificial, aínda que contribuíu  tamén noutras que, nun primer momento, eran responsabilidade unicamente do Concello como foi a construción do graderío. O proxecto conta cun orzamento de 498.000 euros dos cales o ente municipal só aporta o 25%, asumindo o resto a Deputación de Pontevedra, que dotará ao campo dun xogo de porterías de fútbol 11 e dous de fútbol 7, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para os suplentes, un marcador e case 300 asentos. O Partido Popular de Salceda de Caselas lembra que o proxecto estivo paralizado por mor da incorrecta actuación do Goberno local “que non cumpría coas súas obrigas e compromisos, e grazas á xenerosidade do presidente Rafael Louzán, que deu o impulso final, os veciños de Salceda de Caselas poderán, agora xa por fin, disfrutar destas instalacións deportivas tan demandadas por nenos, mozos e maiores do noso municipio”, conclúe Rodríguez Davila.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: