Archive | noviembre 7, 2010

O GRUPO POPULAR INSTA Á XUNTA E AO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE A AXILIZAR A EXECUCIÓN DO PROXECTO DE CABLEADO ELÉCTRICO SUBMARINO ATA A ILLA DE ONS

A través dunha iniciativa que defenderá no Parlamento e que persegue garantir aos illáns un servizo con calidade axeitada, o que suporá unha importante mellora na súa calidade de vida

O Grupo Parlamentario Popular, a través da súa deputada Emma Álvarez Chao, ven de rexistrar unha proposición non de lei pola que insta á Xunta e ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino a axilizar a tramitación e execución do proxecto de actuacións e infraestruturas no Parque Nacional Illas Atlánticas que contempla o cableado eléctrico submarino ata a Illa de Ons. O dito proxecto está incluído no convenio asinado en outubro de 2009 pola Xunta e o Ministerio sobre actuacións en materia de Rede Natura 2000 e supón un investimento de 20,8 millóns de euros por parte do Goberno central e 4 millóns por parte da Administración autonómica. A iniciativa que o Grupo Popular defenderá no Parlamento persegue garantir aos illáns un servizo con calidade axeitada, o que suporá unha importante mellora na súa calidade de vida. Igualmente, o proxecto conlevará unha mellora e racionalización na xestión dos recursos destinados ao Parque Nacional. A Consellería de Medio Rural, como xestor deste ben patrimonial, subministra os servizos básicos ao Parque, tales como auga, saneamento, recollida de residuos e luz, para o que destina un importante volume de recursos. Sen embargo, non pode garantir a suficiente calidade no que respecta ao servizo de electricidade aos colonos e persoal das instalacións de xestión da Illa de Ons, que se produce mediante xeradores de gasoil, susceptibles de avarías e variacións de tensión, ademais do risco de vertidos, contaminacións e accidentes que supón.

 

 

A XIRA DE ISMAEL SERRANO ‘ACUÉRDATE DE VIVIR’ CHEGA A SEMANA PRÓXIMA A VIGO E PONTEVEDRA DA MAN DE XACOBEO 2010 E CAIXANOVA

  • As entradas para os concertos que se celebrarán o xoves 11 e venres 12 de novembro poden adquirirse en http://www.servinova.com ou no teléfono 902504500

 A xira do cantautor madrileño Ismael Serrano recalará a semana que vén en Vigo e Pontevedra, onde ofrecerá dous concertos incluídos dentro da programación conxunta de Caixanova e Xacobeo 2010 nos que presentará os temas do seu novo álbum, Aprendiendo a vivir. A primeira das actuacións terá lugar en Vigo o vindeiro xoves, día 11, a partir das 20:30 horas no Teatro do Centro Cultural Caixanova. Ao día seguinte, o venres día 12, as cancións de Aprendiendo a vivir chegarán ao Auditorio do Centro Social Caixanova de Pontevedra, onde comezará a soar a música a partir das 21 horas. Leer Más…

UN TOTAL DE 10 CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CONTARÁN AULAS CEMIT DE ACCESO PÚBLICO ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

 Teñen como obxectivo facilitar o acceso igualitario dos cidadáns á alfabetización dixital  A Administración autonómica asinará proximamente os convenios de colaboración con estes municipios para que se incorporen á Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica. A Xunta achegará aos concellos unha cantidade equivalente ao 80% do salario do profesional que se ocupará do centro

  • Tamén  dotará de equipamento informático o centro e do seu mantemento técnico
  • A nova Rede ponse en marcha coa vocación de estenderse por todo o territorio galego  Un total de 10 concellos da provincia da Pontevedra contarán con aulas públicas de acceso ás novas tecnoloxías integradas na Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) que pon en marcha a Xunta de Galicia. Leer Más…

UN SIMPOSIO SOBRE ESTRATEXIAS DE XESTIÓN DE PARASITOSES EN PRODUTOS PESQUEIROS REÚNE EN VIGO A EXPERTOS DE CANADÁ, ITALIA, NORUEGA E ESPAÑA

A fundación CETMAR colabora na organización do evento xunto a IIM-CSIC e á empresa CH Grupo 3 SL

O obxectivo do evento, que terá lugar o 25 de novembro no Centro Social Caixanova, é ofrecer solucións aos problemas inherentes á xestión de stocks, produtos e subprodutos pesqueiros infectados con parasitos, converténdose nun foro de coñecemento científico-técnico útil para o sector e para Administración

Expertos de Canadá, Italia, Noruega e España daranse cita en Vigo o vindeiro 25 de novembro no simposio internacional que sobre estratexias de xestión de parasitoses en produtos pesqueiros organizan o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, o grupo Ecobiomar do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e a empresa CH Grupo 3 SL. A través dos diversos relatorios previstos no programa, que se desenvolverá ao longo de todo o día no Centro Social Caixanova, a organización pretende ofrecer solucións aos problemas inherentes á xestión de stocks, produtos e subprodutos pesqueiros infectados con parasitos, especialmente os que minguan a produtividade dos stocks, aqueles de relevancia zoonótica, con potencial alerxénico ou asociados á afección comercial. Leer Más…

TESOIRA 2010, O CERTAME GALEGO DE NOVOS CREADORES DE MODA PRESENTARÁ ESTA SEMANA AOS SEUS DEZ FINALISTAS

  • O acto terá lugar en Vigo o vindeiro mércores, 10 de novembro

–  O vindeiro mércores 10 de novembro ás 11.30 horas daranse a coñecer no salón de actos da Delegación da Xunta en Vigo (Rúa Concepción Arenal, 8) os finalistas de Tesoira 2010, o certame de novos creadores de moda que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza con carácter anual. No acto no que se desvelarán os nomes dos dez finalistas participarán a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares; e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, xunto con representantes doutras institucións. A ocasión servirá tamén para dar a coñecer todos os detalles do próximo certame Tesoira 2010, onde os finalistas amosarán os seus deseños nun desfile de moda no que o xurado elixido para esta edición decidirá as propostas a premiar. O certame de moda Tesoira ten entre os seus obxectivos o apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil e a promoción da industria téxtil a través do deseño en Galicia. Leer Más…