A XIRA DE ISMAEL SERRANO ‘ACUÉRDATE DE VIVIR’ CHEGA A SEMANA PRÓXIMA A VIGO E PONTEVEDRA DA MAN DE XACOBEO 2010 E CAIXANOVA

  • As entradas para os concertos que se celebrarán o xoves 11 e venres 12 de novembro poden adquirirse en http://www.servinova.com ou no teléfono 902504500

 A xira do cantautor madrileño Ismael Serrano recalará a semana que vén en Vigo e Pontevedra, onde ofrecerá dous concertos incluídos dentro da programación conxunta de Caixanova e Xacobeo 2010 nos que presentará os temas do seu novo álbum, Aprendiendo a vivir. A primeira das actuacións terá lugar en Vigo o vindeiro xoves, día 11, a partir das 20:30 horas no Teatro do Centro Cultural Caixanova. Ao día seguinte, o venres día 12, as cancións de Aprendiendo a vivir chegarán ao Auditorio do Centro Social Caixanova de Pontevedra, onde comezará a soar a música a partir das 21 horas. O título do disco que Ismael Serrano presenta nesta xira está tomado dunha das lendas que acompañaban aos vellos reloxos, Memento Vivere (Lémbrate de vivir), “unha chamada urxente para recuperar o sentido da vida, para vivir con intensidade e responsabilidade o mundo que nos toca vivir”. Sobre o escenario, Serrano, xunto cos cinco músicos que integran a súa banda, convida a soñar mundos mellores, a manter un diálogo repousado e cómplice. As entradas para estas actuacións, que en Vigo  poden adquirirse a partir de 12,27 euros e en Pontevedra desde 19,75, están dispoñibles en http://www.servinova.com, no teléfono 902504500 ou o día do concerto nos despachos de billetes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: