TESOIRA 2010, O CERTAME GALEGO DE NOVOS CREADORES DE MODA PRESENTARÁ ESTA SEMANA AOS SEUS DEZ FINALISTAS

  • O acto terá lugar en Vigo o vindeiro mércores, 10 de novembro

–  O vindeiro mércores 10 de novembro ás 11.30 horas daranse a coñecer no salón de actos da Delegación da Xunta en Vigo (Rúa Concepción Arenal, 8) os finalistas de Tesoira 2010, o certame de novos creadores de moda que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza con carácter anual. No acto no que se desvelarán os nomes dos dez finalistas participarán a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares; e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, xunto con representantes doutras institucións. A ocasión servirá tamén para dar a coñecer todos os detalles do próximo certame Tesoira 2010, onde os finalistas amosarán os seus deseños nun desfile de moda no que o xurado elixido para esta edición decidirá as propostas a premiar. O certame de moda Tesoira ten entre os seus obxectivos o apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil e a promoción da industria téxtil a través do deseño en Galicia. Na actualidade, Tesoira é un trampolín para que os novos creadores de moda galegos poidan ofrecer os seus deseños e comecen a atopar o seu espazo no mundo da moda de forma profesional. O certame de moda Tesoira naceu no ano 1992 por iniciativa da Asociación Galega de deseñadores Gráficos novos co obxectivo de promocionar o deseño en Galicia. A iniciativa conta con tres premios e con bolsas de formación para cada un dos premiados. O primeiro premiado levará 3.000 euros; o segundo premio ascende a 1.500 euros e o terceiro a 1.000 euros. Cada un dos tres galardoados contará tamén cunha bolsa de formación no ámbito textil por valor de 3.000 euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: