UN SIMPOSIO SOBRE ESTRATEXIAS DE XESTIÓN DE PARASITOSES EN PRODUTOS PESQUEIROS REÚNE EN VIGO A EXPERTOS DE CANADÁ, ITALIA, NORUEGA E ESPAÑA

A fundación CETMAR colabora na organización do evento xunto a IIM-CSIC e á empresa CH Grupo 3 SL

O obxectivo do evento, que terá lugar o 25 de novembro no Centro Social Caixanova, é ofrecer solucións aos problemas inherentes á xestión de stocks, produtos e subprodutos pesqueiros infectados con parasitos, converténdose nun foro de coñecemento científico-técnico útil para o sector e para Administración

Expertos de Canadá, Italia, Noruega e España daranse cita en Vigo o vindeiro 25 de novembro no simposio internacional que sobre estratexias de xestión de parasitoses en produtos pesqueiros organizan o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, o grupo Ecobiomar do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e a empresa CH Grupo 3 SL. A través dos diversos relatorios previstos no programa, que se desenvolverá ao longo de todo o día no Centro Social Caixanova, a organización pretende ofrecer solucións aos problemas inherentes á xestión de stocks, produtos e subprodutos pesqueiros infectados con parasitos, especialmente os que minguan a produtividade dos stocks, aqueles de relevancia zoonótica, con potencial alerxénico ou asociados á afección comercial. O simposio pretende converterse nun foro de coñecemento científico-técnico útil para o sector e a Administración. Na última década avanzouse moito na I+D+I no campo da calidade e seguridade alimentaria dos produtos da pesca. Este empuxe coincidiu coa creación da Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN), a entrada en vigor do paquete de Hixiene da UE, o Plan Nacional de Calidad de los Productos Pesqueros e o Plan Nacional de Control de la Cadena Alimentaria. Isto permitiu dar pasos na consideración dalgunhas parasitoses como axentes responsables de enfermidades de declaración obrigatoria, ou ben contaminantes biolóxicos en produtos pesqueiros que requiren programas de autocontrol nas empresas operadoras do sector. Unha conferencia plenaria sobre a relevancia dos parasitos nos ecosistemas mariños a cargo de Dave Marcogliese, do ST. Lawrence Centre-Environment de Canadá, abrirá o simposio, no que están previstos relatorios sobre parasitos en cefalópodos, en piscicultura ou na pesca extractiva, sobre a inspección de parasitos ou sobre a detección ou control destes organismos, entre outras temáticas. A inscrición, que é gratuíta, está aberta ata o 19 de novembro (www.tecnopeixe.org/jornada.asp).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: