UN TOTAL DE 10 CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CONTARÁN AULAS CEMIT DE ACCESO PÚBLICO ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

 Teñen como obxectivo facilitar o acceso igualitario dos cidadáns á alfabetización dixital  A Administración autonómica asinará proximamente os convenios de colaboración con estes municipios para que se incorporen á Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica. A Xunta achegará aos concellos unha cantidade equivalente ao 80% do salario do profesional que se ocupará do centro

  • Tamén  dotará de equipamento informático o centro e do seu mantemento técnico
  • A nova Rede ponse en marcha coa vocación de estenderse por todo o territorio galego  Un total de 10 concellos da provincia da Pontevedra contarán con aulas públicas de acceso ás novas tecnoloxías integradas na Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) que pon en marcha a Xunta de Galicia. Os municipios pontevedreses de Moaña, Porriño, Poio, Tomiño, Vilanova de Arousa, A Guarda, Valga, Cuntis, Campo Lameiro, Vigo,  Ponteareas e Lalín asinarán proximamente un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para adherirse á Rede CeMIT, que ten como obxectivo promover o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación na poboación, especialmente nos colectivos onde a fenda dixital é máis evidente Nas catro provincias galegas serán 53 os concellos que contarán con aulas públicas de acceso ás novas tecnoloxías integradas na Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMit). A Rede, que contará cun orzamento de 963.175 euros en 2011 ponse en marcha con vocación de estenderse a todo o territorio galego. Coa Rede CeMIT, a Xunta de Galicia desenvolve un novo modelo de xestión que busca optimizar os recursos dos concellos e crear una rede sostible no tempo á que se poidan ir incorporando máis concellos e evitar as duplicidades existentes en modelos anteriores. Con este modelo de xestión acádase un aforro do 55% respecto ao destinado en 2010 á anterior rede de aulas públicas de acceso ás TIC.

 Obxectivos

A Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ademais de fomentar o uso das TIC entre a poboación con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, tamén promoverá a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrará ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. A Rede tamén difundirá os servizos da Administración electrónica e a capacitará aos cidadáns para empregalos.

Achegas da Xunta e os Concellos

Segundo se establece nos protocolos de adhesión, os municipios interesados en incorporarse á Rede CeMIT deberán dispoñer dun local que cumpra os requisitos técnicos precisos e ocuparse do seu mantemento. Ademais, a Xunta abonará aos concellos unha cantidade equivalente ao o 80% do salario do Axente TIC, sendo o municipio o que achegue o 20% restante. Ademais, a Administración autonómica porá á disposición do concello unha Carta de servizos e catálogo de actividades da Rede CeMIT, que inclúe cursos de formación, obradoiros, charlas, e facilitará un plan de formación continua para os axentes TIC, aos que tamén facilitará a infraestrutura tecnolóxica necesaria (portal web, correo electrónico, repositorio de contidos…), que lles permita desenvolver o seu labor e posta en común das súas experiencias. Os axentes TIC disporán de apoio e asesoramento no seu labor a través dun órgano de coordinación e un equipo de supervisión. O axente TIC ocuparase da promoción do uso das novas tecnoloxías entre a poboación, especialmente entre os colectivos con máis dificultades de acceso ás TIC, programando actividades e estratexias adaptadas.

Público Obxectivo

Os diferentes servizos que se ofrecerán teñen como público obxectivo cinco colectivos: a cidadanía, na que se inclúen os desempregados, maiores, inmigrantes, mulleres e persoas con discapacidade; os profesionais das TIC, tanto ocupados como desempregados; as empresas, micropemes e autónomos; os empregados públicos; e os axentes territoriais, colectivo que agrupa aos servizos municipais, asociacións civís, empresariais, Ongs, Anpas etc

Colaboración coa Fegamp

A Rede CeMit  ponse en marcha coa vocación de achegar os contidos e os servizos tecnolóxicos en igualdade de oportunidades a todos os galegos. Con este obxectivo a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Federación Galega de Municipios e Provincias asinaron o pasado mes de abril un acordo para difundir, promocionar e potenciar a Rede, co obxectivo de que os concellos se sumen á iniciativa para que o novo modelo acade o maior ámbito xeográfico, institucional e social posible.

About Vgomagazine

Revista Online.

0 responses to “UN TOTAL DE 10 CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CONTARÁN AULAS CEMIT DE ACCESO PÚBLICO ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS”

  1. Sanda Bolt says :

    Good info, worth bookmarking. Thanks!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: