A XUNTA DESTINA 112.000 EUROS Á PROMOCIÓN DA MARCA PESCADERÍAS E DO MEXILLÓN DE GALICIA NOS RESTAURANTES DE ALTA CATEGORÍA DE GALICIA

  • A través dun convenio coa Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia (CEHOSGA), a Consellería do Mar promocionará estes produtos da pesca artesanal galega nos establecementos de tres, catro e cinco garfos

A Consellería do Mar promocionará a marca PescadeRías ¿de Onde se non? e maila Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia en restaurantes de tres, catro e cinco garfos a través dun convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia (CEHOSGA) por un importe de 112.000 euros. Este convenio foi presentado hoxe polo director xeral de Competividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, que explicou que o que se pretende con este acordo é  “incrementar o consumo de mexillón de Galicia e dos productos amparados baixo a marca PescadeRías en restaurantes de categoría superior”.   As accións de promoción de ambas marcas levaranse a cabo durante este ano e ao longo de 2011, xa que o convenio remata o 31 de decembro de 2011. CEHOSGA desenvolverá entre os seus asociados, accións de información e promoción da marca PescadeRías e realizará un curso de “formador de formadores” para a implantación desta marca na restauración galega. Tamén se promocionará o mexillón de Galicia a través de xornadas gastronómicas, realizaranse módulos de formación continua entre os asociados e crearase o premio á excelencia na preparación de productos procedentes da pesca artesanal e o marisqueo. Cabe lembrar que CEHOSGA agrupa a mais de 40.000 establecementos hostaleiros na nosa comunidade e caracterízase por impulsar diversas accións destinadas á promoción da actividade empresarial e turística en Galicia. A Consellería pretende con este acordo incrementar o consumo destes produtos especialmente en establecementos de categoría superiores “xa que as súas estratexias baséanse na diferenciación do produto ofertado ao público”.

 Diferenciación dos produtos galegos

A marca “PescadeRías” ¿de onde se non?” constitúe un selo de identificación que acredita que os produtos pesqueiros foron capturados como máximo 24 horas antes da súa primeira venda, están convenientemente identificados, gozan dun alto nivel de frescura e se comercializan nunha lonxa debidamente certificados. A Consellería do Mar pretende con isto acadar a diferenciación coa intención de xerar un valor engadido dos produtos da pesca e o marisqueo. Con este selo poténciase, ademais, o consumo responsable dos peixes e mariscos obxecto de certificación, evitando fraudes na comercialización. Na mesma liña, a Denominación de Orixe Mexillón de Galicia representa unha boa ferramenta para velar polo prestixio e identificación do mexillón cultivado en Galicia, aplicando os sistemas de control de calidade establecidos e fomentando e promovendo o seu consumo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: