Caballero subliña que o novo hotel xunto ao Auditorio de Beiramar supón "un paso clave no turismo de congresos" de Vigo

O alcalde visitou hoxe luns o novo hotel de catro estrelas habilitado xunto ao Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, xa rematado a falta da decoración interior. A apertura ao público desta nova dotación -que suma 125 habitacións e empregará a 60 persoas- estímase para febreiro. Abel Caballero afirmou que Vigo ten “vocación de cidade turística e de servizos” e o novo hotel “xera sinerxias” e permitirá avanzar no “turismo de congresos” da cidade.O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns o recén finalizado hotel de catro estrelas localizado xunto ao Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, unha nova dotación para a cidade que representa “un paso clave no turismo de congresos” da cidade.  O hotel finalizou a súa construción e mañá martes será entregado pola constructora á empresa Carrís Hoteles, que o decorará e xestionará desde a súa apertura, prevista para o mes de febreiro. O edificio contará con 125 habitacións das que entre un 80 e 90% terán vistas á Ría de Vigo e dará emprego directo a unhas 25 persoas e indirecto a outras 35, segundo as estimacións da propia compañía.
O alcalde eloxiou esta “maravilla arquitectónica” e subliñou que Vigo ten “vocacion de cidade turística e de servizos”; este hotel ven sumar “sinerxias” e potenciar os aloxamentos de toda a urbe. Caballero avanzou que conta xa cunha “gran demanda” e o máximo responsable de Carrís Hoteles, Juan Viñas, confirmou que teñen xa reservas que completan toda a capacidade hoteleira, coincidindo cos congresos pechados para o Auditorio de Beiramar.

Mais noticias http://xornal.vigo.org/

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: