O GRUPO DE FOLK VIGUÉS NOITAREGA E AS OBRAS DO ARTISTA DIEGO DE GIRÁLDEZ SERÁN OS PROTAGONISTAS DO “ENCONTRO CULTURAL” QUE ESTE VENRES SE CELEBRA NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO

  • Organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e coa colaboración da Delegación Territorial da Xunta, o evento ten coma obxectivo abrir o edificio administrativo á cultura, á música e ao arte.
  • O grupo de folk Noitarega ofrecerá un concerto no salón de actos da Delegación da Xunta, onde presentará o seu último disco “XXI” mentras que o artista Diego de Giráldez realizará unha exposición das súas obras na planta baixa do edificio.
  • A iniciativa cultural rematará cun magosto e serán popular coa actuación do grupo de baile rexional Corisco na Praza da Estrela.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, presentaron esta mañá o evento cultural, que comezará ás 20.30 horas do vindeiro venres día 12.

 A edificio da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acollerá este venres 12 de novembro o “Encontro Cultural”, unha iniciativa organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais que conta coa colaboración da Delegación da Xunta e no que se pretende combinar a música, o arte e a tradición galega a través de distintas actividades culturais e actuacións musicais co obxectivo último de abrir o edificio administrativo á cultura, á música e ao arte. Os protagonistas deste certame cultural serán o grupo de folk vigués Noitarega, que presentará  o seu último disco “XXI” no salón de actos da Delegación da Xunta e o artista galego Diego de Giráldez ademais do grupo de baile rexional vigués Corisco, que actuará na Praza da Estrela. Será a primeira vez que o edificio administrativo da Xunta en Vigo deixe de ser puramente administrativo e acolla un encontro multicultural destas características. Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, acompañados polo propio artista Diego de Giráldez e por Xosé Olveira, do grupo Noitarega, presentaron a iniciativa, que comezará ás 20.30 horas do vindeiro venres coa inauguración da exposición do artista Diego de Giráldez. Na planta baixa do edificio da Xunta, o pintor ofrecerá unha selección das súas obras cunha liña que él mesmo denomina Realismo NAS (naturalismo, abstracción e surrealismo). Durante dous meses, todos os cidadáns que se acheguen ata o edificio da Xunta en Vigo, poderán observar un total de 16 obras -15 pinturas e unha escultura- do artista galego. A inauguración da exposición se complementará coa entrega de premios do II concurso de debuxo e pintura Diego de Giráldez, que se celebrou entre nenos e nenas de 8 a 14 anos que participan dos diversos centros culturais da cidade. Coma explicou esta mañá Lucía Molares, o “Encontro Cultural” continuará despois cun concerto do grupo de folk vigués Noitarega, que aproveitará a ocasión para presentar o seu último disco “XXI”, un disco gravado nos estudios Muu de Vigo baixo a produción de Oedro Feijóo e do mesmo grupo que pretende conmemorar así os seus 21 anos de existencia. Finalmente, a xornada festiva e cultural rematará cun magosto e serán popular na Praza da Estrela que contará coa actuación do grupo de baile rexional Corisco. Por último, a responsable do Goberno galego na cidade destacou na presentación desta iniciativa cultural a oportunidade de abrir o edificio da Delegación viguesa aos cidadáns e que se convirta así nun escenario multicultural que se estenda no tempo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: