O tenente de alcalde di que a retirada do escudo franquista da Casa das Artes fará do edificio "un símbolo da liberdade"
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asistiu este martes, xunto ao concelleiro de Cultura, Xesus López, o inicio dos traballos de retirada do escudo e as incricións preconstitucionais do frontón da Casa das Artes. O nacionalista salientou que tras o remate deste proxecto, nun mes aproximadamente, a Casa das Artes «vai ser símbolo da liberdade e a democracia», ao supora a eliminación da simboloxía franquista un paso máis na recuperación da memoria histórica.
O nacionalista explicou que a intervención consistirá no picado das zonas do escudo e as inscricións talladas na pedra relativas ao triunfo do alzamento militar, rebaixando o paramento entre 3 e 5 centímetros. Indicou que se manterán os relevos das dúas figuras humanas situadas como remate das pilastras e que a imaxe do frontón restituirase con pezas de pedra similares ás do edificio. Ao respecto indicou que os sillares que se empregarán foron recuperados de derrubas de edificios da mesma época que tiñan unha fábrica de pedra da mesma cantería.
Mais noticias http://xornal.vigo.org/
Dia Ibérico das Cidades Amuralhadas
Valença celebra o Dia Ibérico das Cidades Amuralhadas, quinta-feira, 11 de Novembro, seguindo o lema “Para Além da Muralha”, com diversas actividades. A iniciativa decorrerá paralelamente em mais 46 povoações amuralhadas de Portugal e Espanha.
Este é um evento simbólico que pretende colocar em destaque, num dia, o património amuralhado de Valença. É uma oportunidade singular para redescobrir e interpretar, uma das mais emblemáticas fortificações abaluartadas da Europa, segundo o Presidente da Câmara, Dr. Jorge Mendes. Estão programadas visitas guiadas gratuitas à Praça-Forte, com saída de grupos às 10h e às 15h das Praça da República. As inscrições decorrem no Núcleo Museológico de Valença No Arquivo Municipal estará patente ao público a exposição “Cartografia da Praça-Forte de Valença”. Uma mostra de 12 copias da cartografia histórica mais representativa da fortaleza valenciana. Uma oportunidade para apreciar a evolução histórica da fortificação, das ruas e dos edifício. O Dia Ibérico das Cidades Amuralhadas é uma organização da F.I.C.A.M. – Fórum Ibérico de Cidades Amuralhadas que em Valença será dinamizado pela Câmara Municipal.
HERNÁNDEZ REUNIRASE ESTA SEMANA CO SECRETARIO DE ESTADO DE OBRAS PÚBLICAS DE PORTUGAL PARA CONCRETAR AS MEDIDAS QUE O GOBERNO LUSO PORÁ EN MARCHA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DAS PEAXES
- A xuntanza servirá para desenvolver os acordos acadados o pasado 29 de outubro en Porto entre o presidente da Xuta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o Ministro de Obras Públicas, Transportes e Comunicacións de Portugal, António Mendonça
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, manterá esta semana unha xuntanza con responsables do Goberno de Portugal para concretar as medidas que o país veciño vai poñer en marcha co obxectivo de minimizar o impacto que a implantación de peaxes nas autovías lusas está a ter sobre os condutores galegos que utilizan ditas infraestruturas. Nestes momentos estanse a pechar as axendas respectivas do conselleiro e do secretario de Estado Adxunto de Obras Públicas e Comunicacións de Portugal, Leer más…
El PP demanda la aprobación de un Plan Especial para el monte de O Castro
Una necesidad, corroborada por la aparición de importantes restos arqueológicos de época castreña en la calle Celso Emilio Ferreiro
El Grupo Municipal del PP viene demandando desde el comienzo de la legislatura, ante el pleno de la corporación, la aprobación de un Plan Especial para el monte de O Castro. El gobierno municipal se comprometió, en 2008, a la redacción del mismo para lo que destinó una partida de 200.000 €. A día de hoy, no se ha producido ningún avance. Leer más…
O PARLAMENTO APROBA A MELLORA NA OPERATIVIDADE DO SERVIZO DE GARDACOSTAS NA LOITA CONTRA A CONTAMINACIÓN E NA VIXILANCIA PESQUEIRA IMPULSADA DENDE A XUNTA DE GALICIA
Coa modificación da Lei 2/2004, do 21 de abril, do Servizo de Gardacostas de Galicia aprobada hoxe no Parlamento de Galicia, sae adiante a reforma impulsada dende a Xunta para a mellora da operatividade deste servizo. Este organismo, creado ao abeiro da Consellería do Mar, cumpre funcións de inspección e vixilancia pesqueira, control do medio mariño, prevención e loita contra a contaminación e salvamento marítimo, co que o Servizo de Gardacostas incrementará a súa eficacia nestes eidos. Leer más…
Desde esta semana la Fundación Barrié invita a niños y mayores a descubrir “¿Qué es pintura hoy?” con talleres didácticos y visitas guiadas en torno a exposición En Construcción 3

ECONOMÍA E INDUSTRIA CELEBRA A SEMANA DA CIENCIA CON 25 ACTIVIDADES QUE PERCORRERÁN TODA GALICIA
- Estas iniciativas enmárcanse dentro do programa “Diverciencia”, financiado pola Consellería de Economía e Industria co obxectivo de achegar á cidadanía o traballo que se realiza durante todo o ano no eido do I+D+i
- Instalarase o “cubo da ciencia” como un lugar de encontro no que os cidadáns das sete cidades galegas poderán realizar “os experimentos máis divertidos”
- Celebraranse Cafés-teatro científicos nos que dous científicos e un actor establecerán diálogos cos asistentes sobre distintos temas
- Todas as actividades desenvolveranse entre os días 8 e 22 de novembro, con carácter lúdico e gratuíto
O director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ricardo Capilla, presentou hoxe o amplo programa de actividades que a Consellería de Economía e Industria ten previstas con motivo da celebración da Semana da Ciencia. A consellería que dirixe Javier Guerra pon en marcha esta iniciativa co obxectivo de achegar á cidadanía o traballo que se realiza durante todo o ano en Galicia, no eido do I+D+I. Leer más…
A XUNTA SORTEA ENTRE OS SEUS ADXUDICATARIOS AS 32 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA DO POLÍGONO DE TORNEIROS DE O PORRIÑO
- Hoxe celebrouse o sorteo de asignación de vivendas entre os adxudicatarios no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo.
- As vivendas son de 2, 3 e 4 dormitorios e teñen unha superficie útil que vai dende os 62 aos 90 metros cadrados.
- Os adxudicatarios poderán visitar as súas vivendas a vindeira semana e agora contan cun prazo dun mes para continuar co resto de trámites administrativos.
.– Os adxudicatarios das 32 vivendas de promoción pública do polígono de Torneiros, en O Porriño, asistiron esta mañá ao sorteo de asignación das súas vivendas no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. A vindeira semana poderán visitar e coñecer a vivenda que lle tocou no sorteo celebrado hoxe e, agora, contan cun prazo dun mes para continuar co resto de trámites administrativos co obxectivo de poder facer entrega das chaves nos vindeiros meses. A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, comprobou de primeira man o desenrolo do sorteo e destacou o “momento de satisfacción” que as familias adxudicatarias están a vivir con este novo paso no proceso. Leer más…
COMUNICADO DE POVISA
