HERNÁNDEZ REUNIRASE ESTA SEMANA CO SECRETARIO DE ESTADO DE OBRAS PÚBLICAS DE PORTUGAL PARA CONCRETAR AS MEDIDAS QUE O GOBERNO LUSO PORÁ EN MARCHA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DAS PEAXES

  • A xuntanza servirá para desenvolver os acordos acadados o pasado 29 de outubro en Porto entre o presidente da Xuta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o Ministro de Obras Públicas, Transportes e Comunicacións de Portugal, António Mendonça

 O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, manterá esta semana unha xuntanza con responsables do Goberno de Portugal para concretar as medidas que o país veciño vai poñer en marcha co obxectivo de minimizar o impacto que a implantación de peaxes nas autovías lusas está a ter sobre os condutores galegos que utilizan ditas infraestruturas. Nestes momentos estanse a pechar as axendas respectivas do conselleiro e do secretario de Estado Adxunto de Obras Públicas e Comunicacións de Portugal, Paulo Campos, así como o lugar da reunión. A xuntanza servirá para desenvolver os acordos acadados o pasado 29 de outubro, no encontro mantido en Porto entre o presidente da Xuta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o Ministro de Obras Públicas, Transportes e Comunicacións de Portugal, António Mendonça. Nesa entrevista, o Goberno portugués comprometeuse a analizar as propostas e medidas acordadas polo Goberno galego, empresarios españois e portugueses e representantes políticos do norte de Portugal o pasado 15 de outubro en Vigo. O ministro portugués expresou a Feijóo a vontade de buscar nun curto prazo de tempo solución aos problemas causados pola implantación das peaxes. A Xunta agarda que este  novo contacto entre os dous gobernos, neste caso a través de Hernández e Campos, servirá para dar a coñecer,  por parte do executivo luso, as medidas que serán adoptadas. Entre as peticións formuladas dende Galicia cabe destacar a de que se facilite  a adquisición na nosa comunidade dos aparellos necesarios para efectuar o pagamento das peaxes, coa vista posta na compatibilización dos sistemas de pago automático.  Ademais, tamén se propoñen as medidas pertinentes para que se conceda unha moratoria nas sancións, alomenos ata que os usuarios estean informados e se aclare a situación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: