A DEMANDA CIDADÁ DE PARTICIPAR NO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA” FAI QUE A DEPUTACIÓN APLÍE O NÚMERO DE PRAZAS DE 8.000 A 12.300 PARTICIPANTES

 A iniciativa establece viaxes de un día con seis posibles rutas de visita por puntos de interese de Pontevedra, Armenteira, Cambados, Soutomaior, Lourizán, ou Baiona, entre outros A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra acordou hoxe ampliar con 4.300 novas prazas o programa “Coñece a túa provincia”. Deste xeito, e tendo en conta que esta iniciativa tiña inicialmente prevista a participación de 8.000 persoas, finalmente chegará a un público de 12.300 persoas. Esta iniciativa ten por obxecto achegar a Deputación e a provincia á cidadanía, fomentar a convivencia e o asociacionismo entre os distintos colectivos e contribuír ó enriquecemento cultural a través de visitas guiadas ós centros integrantes do patrimonio da Deputación. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, recordou que se trata dunha iniciativa “cultural e social, un plan pioneiro en Galicia imitado por outras administracións que repercute directamente nas cinco comarca de destino”. Louzán puntualizou que esta iniciativa, nas súas tres edicións, ten repercutido en máis de 40.000 persoas”.

 Rutas e prezos

O custe de cada viaxe ascende a 21 euros por persoa dos cales 15 son achegados pola Deputación e 6 polos destinatarios. Así, se o programa contaba inicialmente con 120.000 euros de presuposto, con esta ampliación chegará ós 184.500 euros, o que supón un incremento de 64.500 euros. O programa inclúe o transporte das persoas en autobús dende os diferentes puntos de saída; dúas guías informativas durante todo o percorrido; a comida (cun menú que inclúe dous pratos, postre, bebidas e café) e o correspondente seguro de viaxe. As visitas son de ida e volta o mesmo día. “Coñece a túa Provincia”  contempla  as seguintes rutas: a Ruta das Adegas (conxunto histórico artístico de Cambados, Museo Etnográfico do Viño, Muíños de Barrantes e unha adega); Ruta de Mouriscade (Museo Etnográfico, Finca Mouriscade, Visita Guiada a Lalín e visita a unha Empresa Téxtil);  Ruta en Pontevedra (visita á Deputación, Patronato Turismo Rías Baixas, Pazo de Lourizán, Museo de Pontevedra e Castelo Soutomaior);  Ruta Carabela (Conxunto histórico de Baiona, Carabela Pinta, Fortaleza de Monterreal e Virxe da Roca);  Ruta de Poio (Museo do Mosteiro de Poio, conxunto artístico de Combarro, Praia de Samieira, Raxó, Chancelas ou Lourido); e finalmente, a Ruta da Armenteira (visita ó mosteiro  e visita o entorno do Umia e ó municipio de Meis).

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: