EXPERTOS DEBATEN NO CETMAR SOBRE AS MICROALGAS, OS SISTEMAS PARA A SÚA PRODUCIÓN MASIVA E AS SÚAS APLICACIÓNS INDUSTRIAIS

  • Representantes das universidades de Vigo, Almería, Murcia e Málaga; do Instituto de Investigación para la Formación Agraria y Pesquera de Andalucía (IFAPA) e do Instituto Biomar, con sede en León, falaron durante a xornada destes organismos, do seu cultivo, da súa modificación xenética e da súa valorización, entre outros asuntos.

O Centro Tecnolóxico do Mar reuniu hoxe na súa sede en Vigo a expertos en microalgas de Galicia, Andalucía e León que durante toda a xornada, e no marco dun seminario organizado dentro do proxecto BIOTECMAR (“Explotación BIOTECnolóxica de produtos e subprodutos mariños”), mostraron ao numeroso público presente os seus coñecementos sobre estes organismos, a súa fisioloxía, os sistemas para a produción masiva e as súas aplicacións industriais. Paloma Rueda Crespo, directora xerente da Fundación CETMAR, foi a encargada de abrir o evento recordando o marco no se desenvolveu. Falou así do proxecto BIOTECMAR, no que a institución que dirixe está a traballar xunto a socios de Portugal, Francia, Irlanda e España. O obxectivo global desta iniciativa, que se enmarca no programa de cooperación transnacional do Espacio Atlántico (2007-2013), é dar a coñecer e transferir ferramentas biotecnolóxicas e procesos de valorización que propicien a diversificación das actividades vinculadas á explotación e xestión sustentable dos recursos mariños. Así o explicou Uxía Vázquez, investigadora do CETMAR, quen fixo unha introdución sobre os contidos do proxecto. O seminario proseguiu cunha serie de relatorios sobre aspectos globais das microalgas, como o que sobre a súa diversidade, fisioloxía e papel nos ecosistemas mariños protagonizou Cristina Sobrino, investigadora da Universidade de Vigo. Sobrino falou así do fitoplancto como organismos unicelulares fotosintéticos acuáticos cunhas taxas de crecemento moi elevadas, fisioloxicamente moi flexibles e de morfoloxía diversa. De evolución “moi temperá”, as microalgas, das que existen mais de dez millóns de especies descritas,  son base da cadea trófica nos ecosistemas mariños.Pola súa alta diversidade bioquímica producen moléculas de interese biotecnolóxico e industrial, apuntou esta investigadora, poñendo como exemplo os pigmentos, os ácidos grasos e lípidos, “de importancia na industria dos omega 3”, ou as toxinas, “moi empregadas no ámbito médico”. “O desenvolvemento industrial das últimas décadas fai que se busque un aproveitamento maior das microalgas”, engadiu. Dos sistemas de produción masiva falou a doutora Stef van Bergeijk, do IFAPA andaluz, quen apuntou que a produción mundial a gran escala faise maioritariamente “en sistemas abertos” cun crecemento “baixo condicións variables” que ten lugar fora de Europa e con aplicacións na alimentación. Paralelamente existen empresas na Unión Europea e en España que empregan sistemas pechados onde as condicións son controladas e, polo tanto, moi favorables para estes organismos, de tal forma que a produción de biomasa e moito maior. Van Bergeijk afirmou que o 50% das microalgas que se producen pertencen á  especie denominada Spirulina e un 40% a Chlorella, concretamente en empresas de Estados Unidos e Xapón respectivamente. Apuntou no obstante que en Europa algunhas empresas en Holanda ou Alemania producen tamén Chlorella para “suplementos alimenticios, ingredientes de pensos de cans e cabalos ou funxicidas para campos de golf”, entre outras aplicacións. Diego López Alonso, da Universidade de Almería, pechou o apartado relativo aos aspectos globais das microalgas cunha charla sobre a súa modificación xenética e deu paso a catro relatorios sobre as aplicacións industriais destes organismos, como a produción de biocombustibles ou o seu papel na acuicultura.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: