inauguración exposición temporal "A arte de facer libros"-No Verbum de Vigo

O próximo venres 12 de novmebro ás 20 horas terá lugar a inauguración da exposición temporal “A arte de facer libros” que se poderá visitar no museo Verbum – Casa das Palabras ata o vindeiro 6 de febreiro de 2011.
 A exposición pretende poñer en valor as tradicións máis nobres da fabricación de libros, prestando especial atención aos seus resultados máis sofisticados: as edicións para bibliófilos e coleccionistas, vertente de longa tradición vencellada á propia orixe do libro como instrumento de transmisión de coñecemento e cultura, tamén considerado como un obxecto prestixioso e codiciado polos máis diversos personaxes ao longo da historia e que busca consolidar e compartir o seu espazo neste mundo coas novas tecnoloxías dixitais.
 A exposición consta de 12 paneis explicativos onde se presenta a exposición e se fai un percorrido por:
 A paixón polos libros: bibliófilos e coleccións; a función cultural da bibliofilia e o coleccionismo; algúns bibliófilos e coleccións significativas.
 Os tipos de edición: os facsímiles; os libros ilustrados; os libros de artista.
 Partes e procesos do libro: as partes do libro; a tipografía; o papel; impresión e tipos de impresión; a encadernación.
 Relato da edición de “Demonios y ángeles” de Álvaro Cunqueiro e Javier del Río.
 Exposición da colección de libros.
 A exposición compleméntase cunha selecta e representativa mostra de obras procedentes de diversas coleccións que o visitante poderá visionar completas mediante pantallas táctiles, nun acto de converxencia entre o pasado, o presente e o futuro da edición.
 Ao remate da inauguración, a comisaria fará un pequeno percorrido pola mostra para todos os asistente

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: