Presentación da Rede Social Galega do Libro

O próximo 12 de novembro, ás 20:30, presentamos oficialmente Redelibros. O lugar elixido é ataberna-taller Detrás do Marco, na rúa Londres, transversal do Príncipe, en Vigo. Un lugar moi especial para unha cita moi especial: a inauguración da vosa rede social. Alí, ademais da presentación propiamente dita, poderedes gozar de música en directo, a actuación do contacontos Anxo Moure (que está desenvolvendo un orixinalísimo labor por Galicia adiante a lombos da súa “ciclobiblioteca”) e os suculentos petiscos saídos da cociña de Detrás do Marco, que seguro vos sorprenderán..Á presentación, por suposto, estades todos invitados. Pero, como ao cabo trátase de inaugurar unha rede social de literatura, ímosvos a pedir un favor moi especial: que traiades cada un de casa un libro para trocar. Un libro que vos gustara, ese que sempre recomendades, o que máis vos calou nos últimos meses, o que vos supuxo unha revelación… A graza está en que sexa un libro que apreciedes de verdade, non o primeiro que vos quede a tiro! Unha vez en Detrás do Marco, pedirémosvos nun momento determinado que troquedes o voso libro por outro que vos atraia e vos apeteza, de entre os que traian os demais asistentes. Unha forma divertida de romper o xeo e irnos coñecendo, non vos parece? Cunha vantaxe engadida: seguro que todos levamos para casa unha boa lectura…

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: