Comunicado prensa del Alcalde de la ciudad de Vigo.

Tras a decisión acadada na tarde deste xoves pola comisión executiva de Pymar (Pequeños y Medianos Astilleros Sociedad de Reconversión) de conceder o aval de 4,5 millóns de euros ao estaleiro vigués Factorías Vucalno para rematar o buque sísmico 533 o alcalde de Vigo quere facer as seguintes declaracións: “É unha magnífica noticia para o estaleiro vigués e para a cidade de Vigo. Hai dúas semanas garantimos que Pymar ía dar o aval e hoxe cumprimos. Agora toca traballar e construír o barco para que poida ser entregado nos prazos previstos. O apoio importante do goberno de España, da senadora socialista Carmela Silva Rego e do goberno municipal de Vigo están a facer posible que o futuro inmediato de Factorías Vulcano quede despexado e que 900 traballadores poidan seguir traballando durante 8/9 meses na construción deste buque. Este apoio tradúcese na aposta polo sector naval en Vigo e na garantía de emprego aos traballadores directos do estaleiro e a súa industria auxiliar. Ponse tamén de manifesto que o compromiso dos socialistas con Vigo é total e que o apoio do goberno de España co emprego e con esta cidade reflíctese nos feitos. Dende o grupo socialista no Parlamento automómico, dende o grupo dos socialistas no Senado e no Parlamento estatal traballaron por trasladar a preocupación da cidade e conseguiron que o Ministerio tivera a sensibilidade para entender o que supón a construción naval para o noso país. Xa vimos reiterando nas últimas fechas que tanto a Administración como Pymar mantiñan a súa vontade de conceder este aval, con especial empeño e a vocación de garantir que eses 4,5 millóns que aporta o Pymar sexan para a construción do sísmico. Cúmprese así o que adiantamos de que Pymar poría todas as cautelas necesarias para asegurar que eses cartos estarán destinados ao 533”

 Abel Caballero

Alcalde de Vigo

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: