O ISSGA CONTABILIZA 238 CASOS DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS NO TERCEIRO TRIMESTRE, UN 6,6% MENOS QUE NO MESMOPERÍODO DE 2009

  • A meirande parte dos casos comunicados ao Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral entre xullo e setembro foron causados por axentes físicos
  • A industria e os servizos foron os sectores que tiveron un maior número de afectados, seguido da construción, a agricultura e a pesca

No terceiro trimestre deste ano foron comunicados ao ISSGA 238 casos de enfermidades profesionais, das que 136 afectaron a homes e 102 a mulleres. Do total, 64 cursaron sen baixa. Por provincias, en Pontevedra orixinouse o maior número de comunicacións, con 121; seguida da Coruña, con 74; Ourense, con 32 e Lugo, con 10. Constátase unha baixada do 6,6% con relación ao mesmo período do ano anterior, no que se comunicaron 255 casos de enfermidades profesionais, dos que 61 cursaron sen baixa. A meirande parte das enfermidades comunicadas entre xullo e setembro, 192, foron causadas por axentes físicos. Facendo unha clasificación por sectores de actividade, a industria e os servizos son os que tiveron un maior número de afectados, 119 na industria e 83 nos servizos. No resto dos sectores, 29 partes de enfermidade proceden da construción, 5 da agricultura e 2 da pesca. Analizando só os partes de enfermidade con baixa, tamén son a industria e os servizos os sectores con máis enfermidades profesionais comunicadas, con 91 e 59 casos respectivamente, seguidos de 18 casos na construción, 5 na agricultura e 1 na pesca. Tendo en consideración o sexo e o sector de actividade, nos servizos houbo 57 casos de mulleres e 26 de homes; na industria 40 mulleres e 79 homes; no sector da construción, 27 afectaron a homes e 2 a mulleres que cursaron sen baixa; na pesca se contabilizan 2 casos de homes e ningún de mulleres; e na agricultura houbo 2 casos de homes e 3 de mulleres. Esta recollida sistematizada de datos sirve ao ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais, para analizar, investigar e avaliar as causas e factores determinantes das enfermidades profesionais, abordando o seu estudo preventivo e propoñendo, de ser oportuno, medidas correctoras ou emitindo informe correspondente á Inspección de Traballo

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: