O MUSEO DO MAR ABRE AS SÚAS PORTAS ÁS FAMILIAS GALEGA

Baixo o título Os sentidos dos animais do mar comezará o vindeiro sábado, 13 de novembro, o primeiro obradoiro para nenos e maiores    O Museo do Mar de Galicia abre as súas portas a todas as familias galegas, co comezo dos obradoiros dirixidos expresamente a nenos e mairoes. Baixo o nome Os sentidos dos animais do mar, terá lugar o vindeiro sábado, 13 de novembro, en horario de 16.30 h. a 18.30 h., a primeira destas actividades, que estará centrada en xogos e experimentos arredor do acuario. Os que non poidan acudir nesta ocasión, terán unha nova oportunidade o seguinte sábado, 20 de novembro, xa que repetirase o obradoiro co mesmo horario. Con esta nova proposta, iníciase no recinto de Alcabre un amplo programa de entretementos que terán lugar cada fin de semana , e no que se mestura ocio e coñecemento. Desta forma, fillos e pais terán a oportunidade de coñecer as diferentes partes do museo, dende a mostra permanente ata a nave de exposicións temporais, pasando polo acuario ou o peirao. Para participar nos obradoiros, os interesados poderán inscribirse completando o formulario que se atopa na páxina web www.museodomar.com ou contactando directamente co departamento de Educación do museo chamando ó teléfono 986 247 750. O aforo máximo é de trinta persoas e a idade mínima dos nenos, que sempre deberán ir acompañados dun adulto, é de 7 anos.

 Obradoiro: Os sentidos dos animais do mar.

Datas: 13 e 20 de novembro.

Horario: 16.30 h. a 18.30 h.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: