Archive | noviembre 15, 2010

A CONSELLERÍA DO MAR EXHIBE AS POSIBILIDADES E EXCELENCIAS DA CONSERVA GALEGA NA COCIÑA DE AUTOR

A conserva galega foi hoxe a protagonista nun acto de degustación que tivo lugar no Casino de Madrid, organizado pola Consellería do Mar e Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO-CECOPESCA) e ao que asistiu o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro. O prestixioso chef Paco Roncero foi o encargado de preparar diferentes pinchos a base de preparados ante numerosos profesionais relacionados coa gastronomía madrileña para exhibir as excelencias e as numerosas posibilidades que ofrecen as conservas de pescados e mariscos Galicia. O máximo representante da cociña vangardista madrileña animou ao uso gastronómico das conservas “como produto de alta cociña” e explicou as súas cualidades nutritivas mentres preparaba, en directo, sardiñas en aceite de oliva, mexillóns en escabeche, bonito do norte e agullas en aceite de oliva, zamburiñas en salsa de vieira, algas ao natural e chipiróns. Leer Más…

Detras do marco Curtopías.

 O martes 16 terá lugar a segunda xornada de Animación Galega no MARCO a partires das 20h. Ao finalizar, de novo Detras do Marco convirtese no foro onde autores como Dani Montero ou Samuel Lema entre outros compartirán as súas experiencias de xeito distendido. Así, Detrás do Marco establécese como un dos principais Puntos de Encontro desta primeira edición do Festival Internacional de Curtametraxe Curtopía de Vigo.

MATO AVOGA POLA PROMOCIÓN DO ENVELLECEMENTO ACTIVO E A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS MAIORES

  • A conselleira inaugurou en Santiago o curso das aulas da terceira idade que organiza a Asociación Cultural galega de Formación Permanente de Adultos

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avogou hoxe pola promoción do envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas maiores, obxectivos que constitúen, ao seu xuízo, unha “tarefa pendente” da sociedade galega. Na inauguración do curso das aulas da terceira idade que organiza a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, a titular da Administración sociolaboral autonómica salientou a importancia deste tipo de actividades como medio para afrontar as situacións de soidade. “Pensamos que este é un paso básico para preservar a autonomía persoal”, engadiu nesta liña, ao soster que as persoas maiores teñen “moito que achegar á sociedade”. Leer Más…

Programación Auditorio Municipal

 

^Programación del auditorio municipal  de Vigo hasta  el mes de Diciembre  de este año.

LA ASOCIACIÓN DE JOVENES EMPRESARIOS Y EMPRENDEDORES DE GALICIA (AJEGA) ORGANIZA UNA DEGUSTACIÓN DE VINOS.

Se celebrará el jueves día 18 en la Vinoteca NA GULA
 
         La Asociación de Jóvenes Empresarios y Emprendedores de Galicia (AJEGA) en colaboración con la Vinoteca NA GULA (C/ Coruña nº 38 – Vigo), la distribuidora MARLO S.L y las Bodegas AS LAXAS, celebrará el próximo día 18 a partir de las 20:30 horas una degustación gratuita para todos sus asociados y colaboradores en la que podrán probar los vinos de la D.O. RIAS BAIXAS: Bagoa do Miño, Laxas Condado y Laxas Albariño de Bodegas As Laxas además de un vino tinto perteneciente a las Bodegas del Marques de Cáceres, durante este acto un enólogo explicará las distintas características de elaboración y calidad de los caldos. Leer Más…

‘As chaves da casa’, de Gianni Amelio, no ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia en Vigo

                                                                  Mañá, martes 16 de novembro, ás 18.00 en versión dobrada ao castelán e ás 20.30 horas en versión orixinal subtitulada, a sede da Fundación Caixa Galicia en Vigo (Policarpo Sanz, 21)

 acollerá a proxección doutro  filme do ciclo ‘Novo cine italiano’: ‘As chaves da casa’, unha iniciativa que renova o esforzo desta institución por achegar e manter esta disciplina na súa rede de espazos culturais.

 

O Concello das Pontes contrata seis técnicos de comunicación sen pedirlles unha cualificación profesional mínima

O Concello das Pontes contrata seis técnicos de comunicación sen pedirlles unha cualificación profesional mínima  O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) acaba de enviar unha carta de protesta ao alcalde do Concello de As Pontes ao fío da súa Oferta Pública de Emprego. Nela denuncia a publicación de ofertas de traballo para este municipio nas que non se garante que os novos contratados teñan a formación académica adecuada. “Resúltanos absurdo que unha administración poida contratar persoas sen cualificar para postos de carácter técnico e para os que existe unha titulación impulsada e impartida polas universidades públicas que cursan anualmente centos de persoas. Leer Más…

JAVIER GUERRA SALIENTA QUE “EXISTEN INDICIOS FUNDADOS DA PRESENCIA DE GAS NO SUBSOLO” DA ZONA DO GRAN BURATO

  • O conselleiro de Economía e Industria presentou as conclusións do primeiro balance da campaña de exploración do equipo de investigadores  do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo no “Gran Burato”
  • Guerra trasladou a satisfacción do Goberno Galego, como promotor dos labores de exploración da morfoestrutura singular atopada na marxe continental occidental de Galicia, coñecida como  “O Gran Burato”
  • O responsable da Consellería de Economía e Industria explicou que o equipo científico ten transmitido á Xunta que “a colección de datos xeofísicos é de moi boa calidade”

 O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salientou hoxe que “existen indicios fundados da presencia de gas no subsolo” da zona na que se sitúa a morfoestrutura singular atopada na marxe continental occidental de Galicia, coñecida como  “O Gran Burato”, na presentación das conclusións do primeiro balance da campaña de exploración feita polo equipo de investigadores  do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo, baixo a dirección científica de Daniel Rey. Guerra sinalou que “a Xunta de Galicia está orgullosa de ter apostado, desde o primeiro momento, por este proxecto, como promotora dos labores de exploración do Gran Burato”. O conselleiro destacou que “a primeira conclusión que pode facerse é que a campaña foi un éxito, grazas ao rendemento dos equipos instrumentais, do persoal científico e técnico e da tripulación do BIO Sarmiento de Gamboa”. O responsable da Consellería de Economía e Industria explicou que o equipo científico ten transmitido á Xunta que “a colección de datos xeofísicos é de moi boa calidade”. Leer Más…

LUCÍA MOLARES DESTACA O ESFORZO E COMPROMISO DA ASOCIACIÓN ASODIFISI POR MELLORAR E AXUDAR ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo foi a encargada de inaugurar as XIX Xornadas sobre Discapacidade que anualmente celebra esta asociación de Mos.
  • Molares felicitounos por levar 20 anos traballando a prol dos colectivos de discapacitados físicos e psíquicos dos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Redondela e Vigo.

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, inaugurou esta tarde as XIX Xornadas sobre Discapacidade que anualmente organiza a Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos. Na inauguración desta edición das xornadas, que xa superan a maioría de idade, a responsable do Goberno galego na cidade destacou o compromiso da asociación Asodifisi, un “exemplo a seguir”, dixo, “no traballo por conseguir a dignidade das persoas con discapacidade”, matizou. Así, Molares felicitounos polos seus 20 anos de idade e traballo constante e permanente a prol dos colectivos de discapacitados físicos e psíquicos. “Hai que recoñecer o esforzo de Asodifisi e outras asociacións coma Cogami que entenden e axudan ás persoas con discapacidade e as súas familias co fin de ensinar e concienciar ao resto da sociedade”, destacou. Ademais, recordou que o traballo de Asodifisi levounos a ampliar fronteiras e chegar, incluso, a atender a colectivos dos municipios veciños coma é o caso de O Porriño, Salceda de Caselas, Redondela e, incluso, Vigo. A delegada sinalou que as administracións están na obriga de axudar a estes colectivos que avogan polo ben común e que deben buscar a participación e igualdade na sociedade. Leer Más…