A CONSELLERÍA DO MAR EXHIBE AS POSIBILIDADES E EXCELENCIAS DA CONSERVA GALEGA NA COCIÑA DE AUTOR

A conserva galega foi hoxe a protagonista nun acto de degustación que tivo lugar no Casino de Madrid, organizado pola Consellería do Mar e Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO-CECOPESCA) e ao que asistiu o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro. O prestixioso chef Paco Roncero foi o encargado de preparar diferentes pinchos a base de preparados ante numerosos profesionais relacionados coa gastronomía madrileña para exhibir as excelencias e as numerosas posibilidades que ofrecen as conservas de pescados e mariscos Galicia. O máximo representante da cociña vangardista madrileña animou ao uso gastronómico das conservas “como produto de alta cociña” e explicou as súas cualidades nutritivas mentres preparaba, en directo, sardiñas en aceite de oliva, mexillóns en escabeche, bonito do norte e agullas en aceite de oliva, zamburiñas en salsa de vieira, algas ao natural e chipiróns. Os asistentes puideron disfrutar destes pinchos en maridaxe con alimentos de denominación de orixe galega. O acto estivo acompañado por unha actuación en directo de música tradicional galega, a cargo de Nova Galega de Danza e do dúo de violín e arpa formado por Paula Oanes e Alfonso Franco. O director xeral insistiu, na presentación do acto, na importancia socioeconómica do sector conserveiro en Galicia -que da emprego a preto de 12.000 persoas- e fixo fincapé nunha das grandes propiedades das conservas “que mantén moitos dos valores nutricionais da materia prima empregada”.  O sector conserveiro foi, é e seguirá a ser no futuro, un dos referentes económicos de España, dixo, e sostivo que a revalorización da conserva “con todas as posibilidades que ofrece” contribuirá a que “Galicia manteña o seu liderado en Europa en canto a produción”. Precisamente este é o obxectivo da campaña que a Consellería está a desenvolver con ANFACO-CECOPESCA, no que se enmarca o evento de hoxe, e á que a Xunta destina 90.000 euros. Dentro desta campaña, Sergi Arola amosou as posibilidades das conservas galegas en Barcelona a semana pasada e a finais de mes, o prestixioso cociñeiro Quique Dacosta, con dúas estrelas Michelín, realizará diversas degustacións no Palacio das Artes Reina Sofía para promocionar a conserva galega.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: