LUCÍA MOLARES DESTACA O ESFORZO E COMPROMISO DA ASOCIACIÓN ASODIFISI POR MELLORAR E AXUDAR ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo foi a encargada de inaugurar as XIX Xornadas sobre Discapacidade que anualmente celebra esta asociación de Mos.
  • Molares felicitounos por levar 20 anos traballando a prol dos colectivos de discapacitados físicos e psíquicos dos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Redondela e Vigo.

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, inaugurou esta tarde as XIX Xornadas sobre Discapacidade que anualmente organiza a Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos. Na inauguración desta edición das xornadas, que xa superan a maioría de idade, a responsable do Goberno galego na cidade destacou o compromiso da asociación Asodifisi, un “exemplo a seguir”, dixo, “no traballo por conseguir a dignidade das persoas con discapacidade”, matizou. Así, Molares felicitounos polos seus 20 anos de idade e traballo constante e permanente a prol dos colectivos de discapacitados físicos e psíquicos. “Hai que recoñecer o esforzo de Asodifisi e outras asociacións coma Cogami que entenden e axudan ás persoas con discapacidade e as súas familias co fin de ensinar e concienciar ao resto da sociedade”, destacou. Ademais, recordou que o traballo de Asodifisi levounos a ampliar fronteiras e chegar, incluso, a atender a colectivos dos municipios veciños coma é o caso de O Porriño, Salceda de Caselas, Redondela e, incluso, Vigo. A delegada sinalou que as administracións están na obriga de axudar a estes colectivos que avogan polo ben común e que deben buscar a participación e igualdade na sociedade. “Debemos utilizar os recursos públicos para aquilo que é necesario”, matizou Molares en referencia á aposta polos servizos sociais. Neste senso, Molares fixo mención ao borrador do Plan de Acción Integral para Persoas con Discapacidade de Galicia 2010-2013, un plan pioneiro elaborado dende o mes de setembro por parte da Consellería de Traballo e Benestar e a través do cal preténdese avanzar na consecución da plena participación das persoas con discapacidade na sociedade. “Neste plan abórdase a consecución da calidade de vida en dous aspectos”, dixo. Así, especificou que por unha banda búscase a asistencia médico e social e, por outra, a autonomía no ámbito laboral coa aposta por maiores oportunidades laborais e formativas para estes colectivos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: