MATO AVOGA POLA PROMOCIÓN DO ENVELLECEMENTO ACTIVO E A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS MAIORES

  • A conselleira inaugurou en Santiago o curso das aulas da terceira idade que organiza a Asociación Cultural galega de Formación Permanente de Adultos

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avogou hoxe pola promoción do envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas maiores, obxectivos que constitúen, ao seu xuízo, unha “tarefa pendente” da sociedade galega. Na inauguración do curso das aulas da terceira idade que organiza a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, a titular da Administración sociolaboral autonómica salientou a importancia deste tipo de actividades como medio para afrontar as situacións de soidade. “Pensamos que este é un paso básico para preservar a autonomía persoal”, engadiu nesta liña, ao soster que as persoas maiores teñen “moito que achegar á sociedade”. Mato reivindicou respecto para o colectivo e o recoñecemento do seu labor na construción da sociedade do Benestar, da que, asegurou, teñen que participar como receptores. Ao fío desta cuestión, a titular de Traballo e Benestar lembrou a planificación impulsada polo seu departamento a través do Plan de Actuación Social 2010-2013, no que se insire o Plan Galego de Maiores, cuxa finalidade é a de potenciar a participación activa deste colectivo na sociedade. Sobre esta iniciativa, sinalou que ten sido elaborada contando coas achegas das distintas asociacións do colectivo e das entidades e profesionais que traballan con persoas maiores. O plan, indicou, permitirá á Xunta saber cales son as políticas esenciais para prestar unha correcta atención aos maiores. “Esta planificación vainos permitir afrontar os tempos que vivimos con forza e máis garantías”, proclamou ao respecto. Por outra banda, Mato Otero recoñeceu o traballo desenvolvido en Galicia desde hai máis de 30 anos por Ategal, que supera os 1.500 socios na comunidade. A conselleira considerou que o seu labor é unha mostra de colaboración institucional e de iniciativa social.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: