O Concello das Pontes contrata seis técnicos de comunicación sen pedirlles unha cualificación profesional mínima

O Concello das Pontes contrata seis técnicos de comunicación sen pedirlles unha cualificación profesional mínima  O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) acaba de enviar unha carta de protesta ao alcalde do Concello de As Pontes ao fío da súa Oferta Pública de Emprego. Nela denuncia a publicación de ofertas de traballo para este municipio nas que non se garante que os novos contratados teñan a formación académica adecuada. “Resúltanos absurdo que unha administración poida contratar persoas sen cualificar para postos de carácter técnico e para os que existe unha titulación impulsada e impartida polas universidades públicas que cursan anualmente centos de persoas. Titulacións e estudos que son, ademais, financiados con cartos públicos. Contrataría un municipio un arquitecto sen titulación? Como pode asumir unha persoa unicamente co Graduado Escolar ser o redactor nunha televisión local? Como pode operar unha cámara alguén sen formación específica, que só cursou estudos de bacharelato?”, argumenta o SXG, que considera que estes comportamentos reflicten unha falta de respecto tanto polos profesionais da comunicación debidamente preparados como polos cidadáns destinatarios da información. E é que na Oferta Pública de Emprego do Concello das Pontes figuran os seguintes postos e requirimentos:

“Nivel de titulación: Bacharel Superior ou equivalente

Denominación: axente de publicidade Radio TV

Número de vacantes: unha xornada parcial

Nivel de titulación: Bacharel Superior ou equivalente

Denominación: redactor-locutor-cámara

Número de vacantes: unha

Nivel de titulación: Graduado Escolar FP1 ou equivalente

Denominación: técnico-locutor.

Número de vacantes: dúas

Nivel de titulación: Bacharel Superior ou equivalente

Denominación: auxiliar de cámara

Número de vacantes: unha

Nivel de titulación: Bacharel Superior ou equivalente

Denominación: técnico de son

Número de vacantes: unha”

 Convocatorias deste tipo non garanten o coñecemento das normas mínimas que rexen a información no noso marco legal, por exemplo a obriga das administración de facilitar información a todos os medios. Polo tanto, non se garante un axeitado acceso á información por parte dos cidadáns, dereito recollido na Constitución. Ante estes feitos, o SXG estuda os mecanismos xurídicos que permitan avaliar a legalidade da convocatoria. O Sindicato de Xornalistas de Galicia preside ou é o máis numeroso nos comités de empresa de La Voz de Galicia, La Región de Ourense, Diario de Ferrol , Radio A Coruña (Cadena Ser) e Xornal de Galicia. É, ademais, o sindicato con máis afiliados no sector da comunicación da autonomía de Galicia.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: