ECONOMÍA E INDUSTRIA SALIENTA QUE 48 MILLÓNS DE EUROS DOS FONDOS QUE PYMAR DESTINOU A VULCANO FORON APORTADOS POLA XUNTA DE GALICIA

  • O departamento autonómico quere aclarar que é unha falsidade que Pymar concedera en solitario avais por valor de 74 millóns de euros a Factorías Vulcano, tal e como afirmou o alcalde de Vigo, e salientou que até un total de 48 millóns de euros foron aportados pola Xunta de Galicia para a capitalización do Fondo Patrimonial de Garantía da sociedade 
  • O aval que se recolle no convenio aprobado recentemente por Pymar plantéxase exclusivamente para o remate do buque sísmico 533 por un valor global de 21 millóns de euros, dos que o 85%, até completar case 17 millóns de euros, van ser aportados tamén pola Xunta de Galicia

 A Consellería de Economía e Industria quere aclarar que é unha falsidade que Pymar concedera en solitario avais por valor de 74 millóns de euros a Factorías Vulcano, tal e como afirmou hoxe o alcalde de Vigo, e salientou que até un total de 48 millóns de euros foron aportados pola Xunta de Galicia a través da capitalización do Fondo Patrimonial de Garantía da sociedade. Javier Guerra explicou que o aval que se recolle no convenio aprobado recentemente por Pymar plantéxase exclusivamente para o remate do buque sísmico 533 por un valor global de 21 millóns de euros, dos que “un 85%, até completar case 17 millóns de euros, van ser aportados tamén pola Xunta de Galicia, e unicamente 4,3 por parte de Pymar”.   Javier Guerra, que lamentou o tempo perdido polos cambios de posicionamento de Pymar, reiterou que “a efectos prácticos, a Xunta está preparada para activar os mecanismos financeiros para respaldar a Vulcano canto antes”, e apuntou que o primeiro tramo da operación será avalado con 16,7 millóns de euros por parte da Xunta, e o segundo, cos restantes 4,3 millóns de euros, por parte de Pymar. O apoio da Xunta e da Consellería de Economía e Industria a Vulcano e ao sector naval galego é total dende o primeiro momento, como xa se ten demostrado en numerosos encontros tanto coa dirección como co comité de empresa, e liderando o proceso co que finalmente se ten acadado o cambio de posicionamento de Pymar que permitirá o remate do buque 533.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: