Archive | noviembre 18, 2010

Caballero asegura que vanse "intensificar" os cursos gratuitos municipais de uso do DNI electrónico

O alcalde de Vigo visitou no Casco Vello un dos cursos de formación que imparte gratuitamente o Concello nos catro centros cívicos da cidade, clases nas que sobre 60 alumnos e alumnas están a aprender o uso “enormemente util” do DNI electrónico, ao tempo que reciben de balde un lector. Caballero explicou que “imos intensificar estes cursos” sobre a administración electrónica.Caballero explicou que estas clases se están a ofertar nos catro centros cívicos do Concello (Saiáns, Teis, Casco Vello e Coruxo) e actualmente están a formar a unhas 60 persoas. Durante a visita, o alcalde puido comprobar que esta iniciativa é “enormemente útil” polas “posibilidades ilimitadas” que ofrece o novo DNI para realizar xestións coas administracións públicas.  “Imos intensificar este cursos”, asegurou o primeiro edil, “porque o futuro vai por ahí”. Os alumnos adquiren uns coñecementos básicos para empregar “razoablemente ben” esta nova tecnoloxía e reciben de balde un lector de DNI electrónico.

Mais noticias: http://xornal.vigo.org/

Presentación novela "Rosas en el Cielo" – Vigo

mañá venres 19 de novembro ás 20 horas terá lugar a presentación da primeira novela de Sonia Iglesias, “Rosas en el Cielo”.
 
A entrada é gratuíta ata completar aforamento.
 
“Rosas en el Cielo” é a primeira novela da escritora novel Sonia Iglesias (Vigo, 1969). Nela preséntanos a historia dunha muller nacida a principios do século XX e que ve truncada a súa traxectoria vital por mor da Guerra Civil, trala cal vese sen amor, sen cartos, sen comprensión… obrigada a soportar con valentía a violencia machista en sacrificio dos seus.
 
O Verbum acolle esta presentación co ánimo de dar proxección a escritores noveles como Sonia, que afrontan o reto da creación dunha novela cunha temática de actualidade e de interese social e cultural

Gabinete de Apoio aos Jovens Agricultores de Valença

Valença vai ter um Gabinete de Apoio ao Jovem Agricultor, numa parceria entre a  Associação de Jovens Agricultores de Portugal (A.J.A.P.)e a Câmara Municipal. O novo serviço ficará instalado no edifício do Mercado Municipal, na Cidade Nova.

          Apoiar os jovens agricultores valencianos, proporcionando ferramentas de apoio ao desenvolvimento da sua actividade e  incentivo a novos empresários agrícolas é, segundo o Presidente da Câmara, Jorge Salgueiro Mendes, um serviço da maior importância para potenciar a agricultura no concelho. Leer Más…

MEDIO AMBIENTE ENTREGARÁ 343 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN SAN PAIO DE NAVIA A VINDEIRA SEMANA, LOGO DUN INVESTIMENTO DE MAIS DE 50 MILLÓNS DE EUROS

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) leva investidos en San Paio de Navia máis de 90 millóns de euros

Das 384 vivendas situadas na parcela XVII, 343 entregaranse aos adxudicatarios e 41 destínanse a realoxos (3) e cesión ao Concello de Vigo (38)

  • O titular de Infraestruturas explicou que dos 343 inmobles adxudicados pola Xunta, 178 están en réxime de alugueiro e 165 en compravenda Leer Más…

Limpadoras Vigo.

As limpadoras/es dos colexios públicos de Vigo, que se atopan en folga indefinida dende onte para reclamar melloras laborais, permanecen pechadas na Concellería de Educación, no edificio do antigo reitorado da Universidade, para reclamar unha solución ao conflito. Alí berran consignas como “Mulleres seremos pero na casa non nos quedaremos” ou “Solución á nosa xubilación” e reclaman a dimisión da concelleira de Educación viguesa. As afectadas/os rexeitan os servizos mínimos decretados polo alcalde (dun 50%) e denuncian que o Goberno local está a usar persoal alleo -empregados/as municipais incluídos- para realizar a limpeza dos centros, o que atenta contra o dereito á folga.

Onte permaneceron durante máis de 10 horas pechadas no acceso á Alcaldía de Vigo. Polo momento ningún responsábel municipal se volveu a poñer en contacto co comité de empresa para abordaar unha saída ao conflito.

FEIJÓO AFIRMA QUE COA RESOLUCIÓN DO CONCURSO EÓLICO GALICIA RECUPERA O LIDERADO EÓLICO E SUPORÁ O MAIOR PLAN INDUSTRIAL DA HISTORIA CUN INVESTIMENTO DE 6.000 MILLÓNS E 12.000 EMPREGOS

O titular da Xunta subliña que “por primeira vez”, este concurso eólico se fai conforme a unha lei, aprobada no Parlamento; e se adxudicará seguindo estritamente os criterios publicados na orde de convocatoria, polo que este concurso se está a levar “coa maior transparencia, coa maior seguridade xurídica e co maior respecto ambiental”Destaca que ningún parque eólico novo se instalará en Rede Natura Leer Más…

LETICIA BLANCO COA COLECCIÓN "OXFORD VERSUS CAMBRIDGE", GAÑADORA DO CERTAME DE NOVOS CREADORES TESOIRA 2010

 

  • A pontevedresa foi recoñecida tamén coa Mención de Honra ao Deseño máis Creativo e a Mención de Honra do Euroclustex.
  • O segundo premio foi para a lucense Isabel Piñar coa colección “Future Looking-Back”, mentres o terceiro galardón foi para ao vigués Alberto Neves que tamén se fixo coa Mención de Honra ao Deseñador mellor Comunicador.
  • Patricia Avendaño amosou a súa colección de festa como peche ao certamen.
  • Os conselleiros de Economía e Industria e Traballo e Benestar, Javier Guerra e Beatriz Mato, respectivamente, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, foron os encargados de entregar os premios. 

“É todo un honor recibir este premio e os dous recoñecementos” declarou Leticia Blanco tras coñecer o fallo do xurado. “Este certame me vai permitir seguir avanzando na miña carreira profesional e continuar coa miña formación”, manifestou tras recibir o premio dotado con 3.000 euros e unha bolsa de formación no ámbito textil que recibiu da man da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Leer Más…

1.000 CAMIONES DE VIGO Y PROVINCIA DISPONEN YA DE PASE PARA LAS SCUT PORTUGUESAS

En los últimos cinco años, ASETRANSPO ha distribuido entre sus asociados cientos de dispositivos Vía Verde para las autopistas del país vecino, válido también para las SCUT Más de un centenar de empresas de transporte de Vigo y provincia de Pontevedra, asociadas la Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercancías de Pontevedra (ASETRANSPO-CETM PONTEVEDRA), disponen ya de un pase que les facilita su circulación por las nuevas autovías de peaje de Portugal. Leer Más…

PREVENCION Consejo genetico y diagnostico pre-implantacional Sabado 20 por la tarde

Dirigidos a familiares e interesados sobre este tema pre-implantacional.

O PARTIDO POPULAR DE SALCEDA DE CASELAS CELEBRA UNHA CEA-BAILE DE NADAL

  • A cita será o domingo 5 de decembro, a partir das 20.30 h nas Bodegas La Val

A medio ano das eleccións municipais, o Partido Popular de Salceda de Caselas consolídase e segue a traballar, cada vez con máis forza e trazando novas estratexias, para acadar o obxectivo último: un goberno único e de maioría absoluta que vele polas necesidades e o benestar dos veciños. Para festexar este afianzamento, o domingo 5 de decembro, á partir das 20.30 horas nas Bodegas La Val de Arantei (Salvaterra de Miño), celebrarase unha cea-baile de Nadal á que acudirán os concelleiros e membros do Comité Local e diferentes personalidades do Partido Popular a nivel provincial, autonómico e nacional, así como, por suposto, todos aqueles afiliados e simpatizantes que o desexen. Deste xeito, todas aquelas persoas interesadas en asistir a esta cita, de importante relevancia para os populares salcedenses, poderán sacar a súa entrada chamando aos teléfonos 606 859 285 e 986 340 906, ben enviando un correo electrónico ao enderezo ppsalceda@gmail.com ou achegándose á sede do partido na rúa Mártires de Sobredo.