LETICIA BLANCO COA COLECCIÓN "OXFORD VERSUS CAMBRIDGE", GAÑADORA DO CERTAME DE NOVOS CREADORES TESOIRA 2010
- A pontevedresa foi recoñecida tamén coa Mención de Honra ao Deseño máis Creativo e a Mención de Honra do Euroclustex.
- O segundo premio foi para a lucense Isabel Piñar coa colección “Future Looking-Back”, mentres o terceiro galardón foi para ao vigués Alberto Neves que tamén se fixo coa Mención de Honra ao Deseñador mellor Comunicador.
- Patricia Avendaño amosou a súa colección de festa como peche ao certamen.
- Os conselleiros de Economía e Industria e Traballo e Benestar, Javier Guerra e Beatriz Mato, respectivamente, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, foron os encargados de entregar os premios.
“É todo un honor recibir este premio e os dous recoñecementos” declarou Leticia Blanco tras coñecer o fallo do xurado. “Este certame me vai permitir seguir avanzando na miña carreira profesional e continuar coa miña formación”, manifestou tras recibir o premio dotado con 3.000 euros e unha bolsa de formación no ámbito textil que recibiu da man da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. A segunda distinción foi entregada polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mentres que a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares fixo entrega do terceiro premio.
Por último, e como novidade deste ano, a deseñadora viguesa Patricia Avendaño mostrou a súa colección de festa que presentou na pasarela Gaudí e que poñerá o broche de ouro ao certame.
A gala retransmitiuse pola canle autonómica TVG e contou para a presentación do acto coa popular presentadora Sonia López.
Premios e mencións
O primeiro premiado levou 3.000 euros; o segundo premio 1.500 euros e o terceiro a 1.000 euros. Cada un dos tres galardoados contará tamén cunha bolsa de formación no ámbito téxtil por valor de 3.000 euros