Limpadoras Vigo.

As limpadoras/es dos colexios públicos de Vigo, que se atopan en folga indefinida dende onte para reclamar melloras laborais, permanecen pechadas na Concellería de Educación, no edificio do antigo reitorado da Universidade, para reclamar unha solución ao conflito. Alí berran consignas como “Mulleres seremos pero na casa non nos quedaremos” ou “Solución á nosa xubilación” e reclaman a dimisión da concelleira de Educación viguesa. As afectadas/os rexeitan os servizos mínimos decretados polo alcalde (dun 50%) e denuncian que o Goberno local está a usar persoal alleo -empregados/as municipais incluídos- para realizar a limpeza dos centros, o que atenta contra o dereito á folga.

Onte permaneceron durante máis de 10 horas pechadas no acceso á Alcaldía de Vigo. Polo momento ningún responsábel municipal se volveu a poñer en contacto co comité de empresa para abordaar unha saída ao conflito.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: