MEDIO AMBIENTE ENTREGARÁ 343 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN SAN PAIO DE NAVIA A VINDEIRA SEMANA, LOGO DUN INVESTIMENTO DE MAIS DE 50 MILLÓNS DE EUROS

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) leva investidos en San Paio de Navia máis de 90 millóns de euros

Das 384 vivendas situadas na parcela XVII, 343 entregaranse aos adxudicatarios e 41 destínanse a realoxos (3) e cesión ao Concello de Vigo (38)

  • O titular de Infraestruturas explicou que dos 343 inmobles adxudicados pola Xunta, 178 están en réxime de alugueiro e 165 en compravenda
  • Na rúa Teixugueiras, entre os edificios que dan á zona verde, existen 7 prazas públicas de propiedade municipal, que foron acondicionadas con fondos do IGVS
  • Hernández salientou que o Goberno galego leva investidos 90 millóns de euros en San Paio de Navia, dos que 50 corresponden ás vivendas de promoción pública, 6 millóns á zona verde e 34 millóns ao plan de actuación urbanística
  • Salientou que o actual goberno tivo que asumir sobrecustes que suman 8 millóns de euros por deficiencias nos proxectos da zona verde e nas vivendas públicas herdados do anterior goberno

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe as 384 vivendas de promoción pública xa rematadas na parcela XVII de San Paio de Navia, das que 343 serán entregadas a vindeira semana aos seus adxudicatarios. Na visita tamén estiveron presentes o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Boné Pina, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares. O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) achegou un investimento de máis de 50 millóns de euros para a construción destas vivendas cuxa tramitación, segundo lembrou hoxe Hernández, foi iniciada en 2004 polo actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sendo conselleiro de Política Territorial. Na próxima semana o IGVS iniciará o proceso de entrega de chaves a 343 familias adxudicatarias de ditas vivendas, mentres que as 41 vivendas restantes destínanse a realoxos (3), e cesión ao concello de Vigo (38). Cómpre sinalar que das 343 vivendas adxudicadas pola Xunta, 178 están en réxime de alugueiro e 165 en compravenda. A Consellería de Medio Ambiente lembrou que a sinatura de escrituras e contratos e a entrega de chaves aos adxudicatarios está prevista os días 25, 26, 29 e 30 de novembro. O responsable de Obras Públicas da Xunta de Galicia salientou que o Goberno galego leva investidos 90 millóns de euros en San Paio de Navia, dos que 50 corresponden ás vivendas de promoción pública, 6 millóns á zona verde e 34 millóns ao plan de actuación urbanística (PAU). Hernández salientou que o actual goberno tivo que asumir sobrecustes que suman 8 millóns de euros por deficiencias nos proxectos da zona verde e nas vivendas públicas herdados do anterior goberno.

 Prazas públicas

O conselleiro de Medio Ambiente recordou que na rúa Teixugueiras, entre os edificios que dan á zona verde, existen sete prazas públicas de propiedade municipal, que foron acondicionadas con fondos do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Do total destas prazas seis xa están rematadas e abertas ao público, aínda que sen recibir polo Concello de Vigo, concretou. Lembrou que o IGVS solicitou do Concello de Vigo a recepción das prazas 1, 2, 5 e 6 en abril de 2009, mentres que a solicitude de recepción das prazas 3 e 7 fíxose en novembro de 2009. Polo momento, o Concello no recibiu ditas prazas. Ademais, explicou que todos os requirimentos do Concello -respecto destas prazas- xa foron atendidos, polo que só queda que o Concello adopte o acordo de aceptación das mesmas.

Zona verde

A zona verde de San Paio de Navia, o parque central da urbanización, que ocupa 89.217 metros cadrados, está sendo executado por Xestur Pontevedra. Esta actuación foi adxudicada por un importe de 4,9 millóns de euros en 2007, pero o IGVS autorizou un ano máis tarde un modificado por máis de 886.000 euros. Ese modificado non foi o último ser o último custe da actuación, xa que os técnicos do IGVS e Xestur detectaron carencias, como a ausencia de barandas de protección en zonas perigosas, que é non estaban incluídas nin no proxecto nin no modificado. Explicou que a entrada da empresa nunha situación preconcursal complicou a execución e remate das obras do parque de San Paio de Navia, o que provocou o inicio dos trámites para a rescisión do contrato por incumprimento dos prazos establecidos, co obxectivo de licitar de novo o remate da zona verde para que a mesma poida entrar en servizo á maior brevidade posible. O inicio dos trámites para a resolución do contrato xa foron comunicados á empresa e actualmente o director da obra está procedendo a elaborar unha proposta de liquidación das obras que comprenderá a constatación e medición das xa realizadas, especificando as que sexan de recibo e fixando os saldos pertinentes a favor ou en contra do contratista. Rematada a resolución, a Xunta licitará polo procedemento de urxencia o remate das obras do parque. Nestes momentos só quedan pendentes traballos de acondicionamento e axardinamento, que poderían rematarse en tan só 20 días.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: