A XUNTA REFORZARÁ A PROTECCIÓN DOS MENORES GALEGOS A TRAVÉS DO OBSERVATORIO DA FAMILIA E DA INFANCIA E DO REXISTRO UNIFICADO DE MALTRATO

  • A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, presidiu hoxe en Vilanova de Arousa o acto de celebración de UNICEF do Día Internacional da Infancia que se conmemora mañá
  • A representante do departamento autonómico destacou que a nova Lei de Apoio á Familia e a Convivencia, que está a elaborar a Xunta, fará especial fincapé nos dereitos dos menores a través do Consello da Familia
  • A Consellería de Traballo e Benestar iniciará maña unha campaña de difusión para concienciar da importancia do acollemento familiar
  • Estas iniciativas súmanse ao proxecto, xa iniciado, do Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI)

A nova Lei de Apoio á Familia e a Convivencia, que está a elaborar a Xunta de Galicia, fará especial fincapé nos dereitos dos nenos e nenas. De feito, a normativa, que nas próximas semanas iniciará a súa tramitación parlamentaria, contempla a creación de dous órganos asesores e de participación para reforzar a protección da infancia como son o Consello Galego da Familia e o Observatorio Galego da Familia e da Infancia. Ambas iniciativas súmanse ao proxecto, xa posto en marcha, do Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI) Así o destacou hoxe a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, no transcurso do acto de celebración de Unicef do Día Internacional da Infancia, que se conmemora mañá. En concreto, celebrase en todo o mundo o vixésimo primeiro aniversario da aprobación da Convención de Dereitos do “É necesario que a nosa sociedade vexa á infancia como factor transversal no deseño das súas políticas como a prioridade da construción do futuro, un eixo que recolle de maneira prioritaria a normativa que estamos a elaborar”, apuntou López Abella. Así mesmo, a responsable do departamento autonómico fixo un chamamento para que a sociedade galega non se esqueza dos dereitos fundamentais dos nenos. “Todos, e máis agora en tempo de crise, debemos poñer un maior esforzo no coidado dos nenos, contribuíndo desde todos os niveis da sociedade a que sexa unha tarefa prioritaria”, resaltou. Neste sentido, López Abella indicou que a Xunta de Galicia xa está a poñer especial énfase neste labor a través do desenvolvemento de accións no seo da familia, na escola e no traballo, entre outros ámbitos. “As decisións de todos teñen que axudar a previr e evitar os ricos que poidan ameazar os dereitos da infancia”, subliñou. Neste compromiso coa infancia inscribiu tamén a posta en marcha, o pasado mes, do Rexistro unificado de maltrato infantil (RUMI), unha ferramenta informática de notificación e rexistro do maltrato, destinada inicialmente aos profesionais do ámbito educativo e ás forzas de orden público. Esta ferramenta permitirá simplificar os trámites de notificacións dos supostos casos de maltrato, ao tempo que tamén reducirá os tempos de intervención dos equipos de menores. Entre outros beneficios, o RUMI permitirá simplificar a tramitación e acurtar os tempos de comunicación dos casos, así como mellorar a calidade dos datos do maltrato infantil.

 Acollemento familiar

A aposta da Xunta pola infancia e por contribuír á mellora dos dereitos dos nenos terá tamén continuidade a través dunha campaña, que se iniciará mañá, para concienciar aos galegos e galegas da importancia do acollemento familiar. O departamento autonómico acometeu este ano diversas modificacións no programa de acollemento familiar, co fin de axilizar tanto a súa tramitación como o pago das retribucións para as familias que as reciban. Esta iniciativa busca favorecer o proceso tanto para os menores, como para as unidades familiares que os acollen, xa que é unha das modalidade de execución da garda dos menores por parte da Administración. A asunción da garda por parte da Xunta pode derivarse de tres motivos: porque teña asumida a tutela (a garda é unha facultade inherente a esta), porque os pais o soliciten por non poder atender temporalmente ao menor, ou porque o estableza un xuíz. A garda supón o acollemento do menor, que pode ser residencial, ou ben familiar. No caso familiar, este pode producirse na familia extensa do menor (avós, tíos, curmáns…) ou ben nunha familia allea. O departamento autonómico prioriza a familia extensa para evitar o desarraigo familiar e para favorecer a súa reintegración posterior. Con todo, hai ocasións nas que isto non é viable, polo que é preciso recorrer a familias alleas. Para tramitalo, é necesario contar cun banco de familias –que xestiona Cruz Vermella, en virtude dun convenio- dispostas a acoller temporalmente a menores. En función das circunstancias da familia acolledora e do neno acollido, poden recibir unha compensación económica pola súa colaboración.

 Datos en 2010

A 31 de outubro de 2010, un total de 105 familias en Galicia estaban a acoller un neno nas súas casas e 84 estaban dispoñibles para facelo. No ano 2009, un total de 1.395 familias (extensas e alleas) participaron en acollementos familiares, que permitiron a estadía nun fogar para 1.793 nenos e nenas. En concreto, foron 1.247 familias extensas, con 1.571 menores, e 148 familias alleas, con 222 menores.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: